Obradoiros gratuitos para todos os públicos Aprende xogando Obradoiros de plastilina, papiroflexia, origami, construcción de xoguetes... Máis de 4.000 xogos e xoguetes de todo o mundo A colección de Ricardo Pérez y Verdes

HORARIO DE SEMANA SANTA 2025

Poñemos en coñecemento a todos os posibles visitantes ou usuarios que desexen achegarse ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), que os horarios sufrirán algunhas modificacións e que serán as seguintes:

  • Xoves 17 de abril: 11:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas.
  • Venres 18 de abril: 11:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas.
  • Sábado 19 de abril: 11:00 a 14:00 e 16:00 a 19:00 horas.
  • Domingo 20 de abril: 11:00 a 14:00 horas.

Nota: Último pases de visitas será polas mañás ás 13:00 h. e polas tardes ás 18:00 h.

Para calquera dúbida ou para solicitar cita previa, por favor, póñase en contacto connosco nos teléfonos 981.71.54.42 ou 661.29.02.46. Deberán solicitala con 7 días de antelación.

Agardámolos!

A colección de Ricardo Pérez y Verdes

Máis de 4.000 xogos e xoguetes de todo o mundo. Ricardo Pérez y Verdes é profesor honorario de Historia, Xogos e Deportes Tradicionais da Universidade da Coruña.

Visitas guiadas

A evolución histórica dos xogos e deportes a través dos tempos e das civilizacións antigas.

Aprende xogando

Obradoiros de plastilina, papiroflexia, origami, construcción de xoguetes…

O Museo Etnolúdico de Galicia

O Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) é unha institución museolóxica de carácter permanente que ten como misión fundamental a conservación, investigación e difusión do patrimonio cultural galego relacionado co xogo tradicional, co deporte tradicional e coa historia do xoguete. Nel tamén se mostran obxectos e pezas de grande interese, procedentes de España e de pobos e rexións da xeografía mundial.

O MELGA é un espazo de compromiso co pasado lúdico que serve de instrumento didáctico para as presentes e futuras xeracións, no que se organizan multitude de actividades e eventos anualmente.

Entradas grupos

As visitas en grupo deben reservar con antelación
Reserva a túa visita agora

¿Queres vir a xogar con nós?

¡Galicia e o deporte teñen moito que contarche!

Vexo, vexo… ¿qué ves?… uns bolos, unha billarda, un aro, unhas canicas, unhas tabas, érase unha vez… unha casiña de bonecas, un tiovio, unha carreira de carretas, un día de caza e pesca, un lanzador de pedras…

Novidades