A Asociación de nais e pais de alumnos de Aranga cítanse no Melga

O ANPA DO CEIP. A Castelá de Aranga (A Coruña), visítanos por primeira vez, cun grupo moi heteroxéneo, xa que estivo formado por pais, nais, avoas/vos con os seus fillos e netos correspondentes. En total, preto de medio centenar de visitantes, achegáronse pola mañá ao MELGA para gozar dunha mañá lúdico-recreativa con motivo da excursión de fin de curso. Co grupo atopábase a presidenta do ANPA Belén Ambroa e a vogal Monica Veiga.

Aínda que como se pode supoñer, con grupos en idades tan dispares, é difícil levar unha sesión medianamente aceptable, hai que comentar que, tanto nenos, novos, adultos e persoas maiores, puxeron moito empeño en pasarllo ben e lembrar, sobre todo os maiores tempos pasados. Como sempre, a zona dos “entretementos” é o que máis nostalxia produciulles aos maiores, aos adultos os de lanzamentos a distancia e precisión e aos nenos e novos os xogos de forza e loita.

Leave A Comment

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.