Amabul de Vedra visita o Melga

Case medio centenar de excursionistas da Asociación Ambiental Amabul de Vedra– Santiago de Compostela, visitaron hoxe martes día 19 de xullo de 2016 , o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, en sesión matinal de 10,30 a 14,00 h.

As idades do grupo, coordinados polo profesor Rubén e as súas compañeiras Silvia e Iria, estaban entre as 14 e os 18 anos. Devanditos alumnos/as levaban dúas semanas nun Campamento Urbano e decidiron ter un día dentro da súa programación mensual, dedicalo a unha actividade cultural, lúdica e deportiva no noso museo pontecesán.

Despois de máis de tres horas de visita interactiva coa práctica de xogos e deportes tradicionais e escoitar as explicacións do guía, todos os campistas desprazáronse ao Albergue de Cabana de Bergantiños para pasar toda a semana percorrendo os lugares máis importantes de Cabana e Ponteceso.

É a primeira vez que un grupo do municipio de Vedra e unha asociación da zona, visítanos por estes contornos. Moitos dos alumnos/as, segundo comentaron os seus profesores, estaban a formarse para ser nun futuro, voluntarios e especialistas ambientais en Galicia. Nesta ocasión o MELGA achegouse a outro campo novo que achega a cultura lúdica, a un grupo social diferente pero coincidente, como é o do medioambiental.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.