As exposicións “Novos grabados sobre o mundo das peonzas” e “As peonzas en América” clausuranse no Melga

O vernes pasado día 31 de decembro-19, despois de case un mes, deuse por clausurada no Centro Cultural de Ponteceso, onde está situado o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), as exposicións  “Novos gravados sobre o mundo das peonzas” e “As peonzas en América”; non superando en número de visitantes as do ano anterior (651), pero eso sí, alcanzando  o medio centenar de visitantes, que corresponderon a persoas particulares, así como grupos de centros escolares e asociacións culturais e deportivas.

Este ano en ambas as mostras, aumentaron todas as coleccións, tanto na de “Novos gravados sobre o  mundo das peonzas”, colección privada de Ricardo Pérez e Verdes, con 82 novas incorporacións sobre pinturas históricas de diferentes etapas da historia, sobresaíndo as dos séculos XVIII e XIX e algunhas das civilizacións asiáticas (hindúes, xaponesas,e chinescas). Este ano as coleccionistas Charo Español e Ánxeles Lence non puideron participar por problemas persoales en ditas exposicións, pero estamos seguros que o ano entrante de novo estaremos con elas. Nesta ocasión, presentáronse preto de 300 pezas deste artefacto giroscópico, todas elas do director do MELGA.

É unha proba evidente que estamos a consolidar, ano tras ano, estas exposicións que son un acicate mais, para celebrar o San Martín patrón de todos os “ peonceros”. Desexamos que esta data pasada, do 11 de novembro, sexa unha cita obrigada para todos os galegos que gusten de leste xogo/xoguete. Só desexamos que outros coleccionistas sómense a festa e logremos alcanzar a maior cifra de peonzas, trompos, perinolas e perindolas do mundo nunha exposición.

Hai que destacar que a colaboración levadas a cabo polo concello de Ponteceso, as concellerías de Turismo, Deporte, Festexos e Dinamización Económica e da de Cultura, Xuventude, e Innovación Tecnolóxica  dirixidas respectivamente por Raquel Fondo Pérez e Ana Pérez Imia, a Deputación Provincial da Coruña, ao Patrimonio Lúdico de Galicia, a Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais, foi máxima e con elo fixeron que o noso municipio pontecesano, sexa o centro neurálxico do FESTIPOPEÓNS, coa nosa mascota “ Buxainziño”, do Día de Galicia do “Pon en movemento o túa buxaina”.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.