Carlos Andrade, un campión imbatido nas catro edicións de tirabalas en Ponteceso

Debido, seguramente, á festividade da Pilarica, ás verbenas do día de onte e ao “ponte” do Día Nacional, nesta ocasión o torneo de Tirabalas de Ponteceso, non tivo a participación das tres últimas edicións. A organización do campionato sufriu unha gran decepción, despois do traballo e esforzo levado a cabo durante esta última semana para que dita actividade lúdica programada  fose un rotundo éxito. Pero non foi así. Soamente achegáronse ao campo de xogos do MELGA (Centro Cultural), 15 persoas, todas elas en categoría senior masculina,  un tirador infantil masculino e  ningunha participación feminina. En canto a espectadores, nun ambiente festivo e familiar,  a asistencia foi moi superior á de competidores, alcanzando ao redor de medio centenar de persoas.

Non cabe dúbida que o nivel si foi moi superior ao ano 2016, pois o campeonísimo Carlos Andrade de Ponteceso, policía municipal do concello, gañador nas catro edicións, tivo que esmerarse para non ser desbancado do seu cetro por Lito Branco (Ponteceso). A diferenza final nas tres quendas de 15 lanzamentos, só houbo unha diferenza de 1 só punto. O campión obtivo 24 puntos seguidos do subcampión con 23 puntos e o terceiro clasificado foi Lito Pérez (Ponteceso)con 9 puntos. O campión infantil masculino e o de menor idade foi para Fran Márquez de 5 anos. O de maior idade foi para Manuel Pousada. Os tiradores que participaron, nesta cuarta competición, foron de Ponteceso (a maioría), Laxe, Vimianzo, Cabana e A Coruña.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.