Clausúranse as exposicións sobre o mundo das peonzas no Melga

Durante un total de 23 días, desde o sábado día 11 de novembro ata o día de onte domingo 03 de decembro, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), tivo as súas portas abertas para todo o interesado, para poder visitar as tres exposicións que a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, como os últimos catro anos, organizou na sala de conferencias e exposicións do segundo piso do Centro Cultural do concello de Ponteceso. Como anos anteriores, o motivo das mesmas non foi outro que, honrar a San Martiño patrón dos lanzadores de buxainas e dar a coñecer as peonzas, os trompos, as perinolas e as perindolas, desde un punto de vista cultural, lúdico, social e intelectual e en menor actuación no súa parte práxica, aínda que existise algunha demostración ou exhibición práctica puntual durante as visitas.

 

A primeira exposición, a que sempre máis interese presenta para os visitantes, levaba por título xenérico “O mundo xira e xira”, no cal se presentaron máis de 300 peonzas, trompos, perinolas e perindolas de todo o mundo, grazas á colaboración dos coleccionistas privados Charo Español de Santiago de Compostela, Ángeles Lence de Arteixo-A Coruña, ademais dalgunhas pezas do fondo museístico do MELGA. A segunda exposición correspondía á que se denominaba “Un xogo milenario e as Belas Artes”, onde se colgaron das paredes da sala , mais de 150 pinturas, esculturas, fotografías, gravados, etc., de todas as épocas da historia (Exipto, Mesopotamia, Grecia, Roma, Renacemento, Barroco, etc.), en cuxo contido se plasmaba a imaxe deste giroscópico artefacto. E finalmente a terceira e última exposición tiña a misión de expoñer unha ampla bibliografía, con mais dun centenar de textos e documentos, que a través dos seus ensaios, tratados, xogos, poesías, adiviñas, refráns, etc. relatábannos cuestións “ peonceras” desde o seu punto de vista temporal e emocional. Todo o material presentado, destas dúas últimas exposicións, pertencían ás coleccións privadas do director do MELGA.

 

Debido á gran aceptación, tanto por parte dos alumnos/ as dos centros escolares da zona, como persoas particulares que se achegaron ao recinto, estimouse prolongar o fin de semana (pois as mesmas deberían ser clausuradas o día 30 de novembro.), como agradecemento a todos os que o solicitaron. Contabilizouse que polas nosas salas expositivas, pasaron ao redor de 500 visitantes, superior ao ano anterior, que chegaramos ás 350 persoas. Onte domingo día 03 de decembro  clausuróuse por este ano dito evento, porque no decilo, con gran éxito de todos. Grazas.

Leave A Comment