Co gallo do día das Letras Gallegas o Melga abrirá as súas portas para realizar visitas

Con motivo do Día das Letras Galegas, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, abrirá as súas portas esta fin de semana para todas aquelas persoas interesadas, en realizar visitas libres ou guiadas ao recinto museístico. Estará aberto toda a fin de semana (sábado, domingo e luns) en horario matinal desde as 10,00 h. ata as 14,00 h. O último pase será ás 13,00 h. para levar a cabo unha visita medianamente recomendable.

Non se necesita cita previa para visitas libres, aínda que exista un aforo máximo de 20 persoas. En caso de visita guiada, indispensable coñecer o número total de participantes e a hora prevista de visita. O número de persoas asistentes será igual que para as visitas libres. Por descontado será obrigatorio o manter e respectar todas as medidas establecidas pola pandemia do COVID-19 (máscaras, aireación, hidrogel, aforo, temperatura, luvas e distancia física.

Para calquera información chamar ao número de contacto 981. 71. 54. 42/661.29.02.46 ó na nosa páxina web: info@museomelga.com.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.