Connosco un grupo da oficina municipal de información Xuvenil (OMIX) do Concello de Laracha (A Coruña)

Coordinados e dirixidos por Miguel Barreiro, técnico de Cultura e Deportes e acompañado pola traballadora social Marisol Montes e os monitores/as Adrian Pérez, Cristina Fraga, Sergio Ferreiro e Marta Trigo, onte venres pola tarde, desprazáronse ao MELGA de Ponteceso para realizar a súa primeira visita ao museo, con medio centenar de membros do concello da Laracha (A Coruña) . A actividade planificouse desde o departamento da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) como excursión dentro da primeira quenda do campamento urbano estival. Do mesmo xeito que o grupo Valle-Inclán recibidos pola mañá, a sesión foi inmensamente curta, pois só dío tempo a realizar a visita guiada soamente da primeira sala, a do xogo e deporte tradicional de Galicia, de España e do mundo. Debida a este motivo o funcionario do concello prometeu que, sen dubidalo, buscarían un oco para realizar de novo outra visita co mesmo grupo, para finiquitar a xornada completa. Tanto monitores/as, técnicos acompañantes e campistas, encomiaron a saída ao MELGA como unha gran actividade excelente para todos. Na despedida  algúns dos nenos/as agradeceron ao director do museo, a magnífica tarde que lle ofreciamos e que falarían cos seus pais para volver de novo con eles, xa que os seus proxenitores descoñecían por completo o recinto museístico e que tamén o divulgarían aos seus amigos e familiares.

Leave A Comment