A Cruz Vermella de Vimianzo clausura as visitas guiadas do presente ano 2017

A Asociación da Cruz Vermella de Vimianzo (A Coruña), o xoves pasado día 21, finiquitou as visitas guiadas do exitoso ano 2017 ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso. En xornada vespertina, preto dunha vintena de alumnos/ as e as súas profesoras do centro Esmeralda Gerpe, Noelia Villar, Tania Bartucca e Fátima García como coordinadora, pasaron unha xornada moi orixinal, lúdica e cultural de tarde, moi diferente ás realizadas ata a data, segundo comentarios dos asistentes.

 

Aínda sendo un grupo con idades moi dispares, a sesión funcionou extraordinariamente grazas ao reducido número de participantes, ao interese demostrado, ás ganas de coñecer e aprender os xogos e deportes tradicionais galegos, etc., ademais, se unimos a estas condicións devanditas, que os compoñentes do grupo pertencían a varias comunidades autónomas españolas, a sesión foi modélica e paradigmática. Por iso, o intercambio realizado entre os alumnos/ as foi moi enriquecedora, xa que cada un deles achegaba aqueles xogos da súa rexión, ademais de achegar o nome dado na súa rexión correspondente e explicar e diferenciar as correspondentes regras de cada un dos xogos alí presentados. Sendo as 21,00 h. finalizou a visita coa parte práxica, aínda que a todos pareceulles curta, con intención de repetir a experiencia posiblemente moi pronto. Felicitacións moi merecidas! Parabén!

 

O MELGA, aínda que finalizasen as visitas guiadas por este ano, o museo estará aberto, nestas  vacacións de Nadal, de luns a venres en horario de 10,00 h. a 14,00 h. e de 16,00 h. a 19,00 h. e os sábados, domingos e festivos, estará aberto para todas as persoas particulares ou para grupos, sabendo que se desexan visitarnos, deberán reservar dita visita, con cita previa, con 15 días de antelación. Para maior información contactar co 981.71.54.42 ó 661.29.02.46 ó ao ricardoperezyverdes@gamail.com ó info@museomelga.com

 

FELICES FESTAS E UN LÚDICO EXITOSO 2018!!!!

Leave A Comment