Cumpreanos no Melga

Unha actividade pouco coñecida que ofrece o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) é a posibilidade de celebrar aniversarios para nenos/as entre os 4 a 15 anos, durante todos os días  do ano. Onte sábado pola tarde, iniciouse, por segundo ano consecutivo, unha festa lúdica coñecida como “Cumpre no Melga”. Nesta ocasión a “cumpreañera” era Rebeca  Fuentes, que recentemente estreados os seus catorce anos non tivo mellor desexo que convidar a todas as súas amigas e amigos para que a acompañaron nese día tan especial ao MELGA, pois ela e a súa nai Encarna, xa nos visitaban con anterioridade e a experiencia queríana compartir con todos eles. En total sumáronse á festa unha trintena de persoas entre compañeiros/as, familiares e nais acompañantes.

As tres horas aproximadas que durou a celebración da actividade educativa guiada e a festiva, foi dirixida polo director do centro, aínda que nesta circunstancia, como é de supoñer, a que primou  foi a parte entretida de animación lúdico-festiva do acontecemento. Realizáronse diversos xogos recreativos, cantados, con música,  por parellas e grupales, onde os maiores  gozaron ao mesmo nivel que os mozos.  O curioso da visita era, que ningún dos alí presentes, primeiramente non tiñan coñecemento da existencia do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) no concello de Ponteceso e por suposto, ía ser a primeira vez que o visitaban.

Finalizada a sesión e despois do consabido “CumpreanosFelíz” , entoado de forma coral por todos os presentes e dirixido pola batuta da súa nai, o MELGA fíxolle entrega dunha bolsa con agasallos, que no seu interior contiña unha pequena colección de xogos tradicionais (peonzas, canicas, tabas, corda, pelotas malabares, eu-eu, etc. ), para que esta data lembrásea, como o inicio dunha futura coleccionista de pezas e obxectos lúdicos universais. Como broche final, obsequióuselle tamén, en nome da Fundación Ricardo Pérez e Verdes, dunha torta personalizada, cos seus catorce ver,  que Rebeca soprou dunha soa vez, para algarabía de todos os asistentes.

Así que xa sabedes, se estades a pensar en organizar unha festa o día do teu santo, comuñón ou aniversarios dunha maneira orixinal, cultural, educativa e moi entretida, aquí tedes unha opción, o MELGA, que estamos seguros faravos   un día inmensamente moito máis Feliz.

Próbao  e quedaredes encantados coa experiencia!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.