De novo visitannos un grupo de futuros maestros da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela

Unha trintena de alumnos de cuarto curso de Grao de Mestre, da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, achegáronse onte pola tarde a Ponteceso, para realizar unha visita guiada lúdico-cultural ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Ao mando da expedición, atopábanse o profesor da materia de Experiencias e Recursos en Educación Social, ademais de ser o director da Revista Galega de Educación e presidente da Asociación Internacional de Investigación sobre Libros de Texto e Medios Educativos ( IARTEM), Jesús (SUSO) Rodríguez Rodríguez e a profesora Antía Cores da materia Deseño e Elaboración de Materiais didácticos.

Os visitantes despois de case tres horas percorrendo as salas do museo, apuntando nos seus cadernos de campo todo o que alí se explicaba e orientaba, ademais de realizar varias práctica de xogos tradicionais, a xornada serviulles para coñecer “in situ” os xogos antigos, modernos, populares, tradicionais, etc., así como a verdadeira historia dos mesmos, a súa evolución cronolóxica, orixe, lugares, creadores ou inventores, materiais, espazo e tempo, etc. para logo a posteriori formular unha unidade didáctica e un taller de confección de materiais da natureza, sobre os xogos e deportes tradicionais e modernos da Humanidade.

Como curiosidades da sesión destacamos, primeiramente que só había un mozo entre todas as mulleres do grupo e en segundo lugar, que entre os asistentes había dúas alumnas italianas, que transmitiron ao guía do museo, que se atopaban asombradas do coñecemento profundo que tiña sobre os xogos italianos, así como o gran despregamento de pezas italianas existentes na vitrina de “xogos e deportes do mundo”, e que elas mesmas descoñecían, e que tiñan “envexa sa” de que non existise ningún museo parecido como este, en toda o seu Italia natal.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.