Derradeiros días para ver as exposicions “O peón e as belas artes” e “Peonzas do Mundo” no Melga de Ponteceso

O vindeiro venres día 30 de novembro ás 20,00 h., clausurarase as exposicións “O peón e as Belas Artes” e “ Peonzas do mundo” dos coleccionistas Charo Español, Ángeles Lence e Ricardo Pérez e Verdes, despois de prorrogar 15 días máis, debido á gran afluencia de público en xeral, asociacións, grupos escolares, etc. que visitaron a sala de exposicións do Centro Cultural/ MELGA de Ponteceso, desde o día da súa inauguración o 11 de novembro Día de San Martín, patrón de todos os fanáticos deste xogo milenario.

Derradeiros días para ver as exposicions "O peón e as belas artes" e "Peonzas do Mundo" no Melga de Ponteceso

 

Aínda están a tempo de non perderse esta gran oportunidade, de estar presente diante de dúas das exposicións máis importantes que existen na actualidade sobre o mundo das peonzas, trompos, perinolas e perindolas, primeiramente pola súa gran diversidade de modelos de barro, madeira, cristal, metal, hojalata, papel, naturais, plástico,… e en segundo lugar, por ter a ocasión de observar a colección máis importante, estamos seguros, que existe hoxe en día de gravados, pinturas, fotografías, debuxos, esculturas,… desde a antigüidade ata os nosos días, excedendo as duascentas imaxes sobre o tema monográfico.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.