El Melga participa en la presentación de la confederación de entidades del Patrimonio Lúdico de Galicia, así como de su logotipo oficial

A sede do Consello de Cultura Galega, acolleu no día de onte venres día 16 de xuño, a presentación en sociedade da Confederación de Entidades do Patrimonio Lúdico de Galicia, coa primeira base de datos en liña (Guía de Recursos) sobre o xogo e deporte tradicional galego, unha fonte de información para calquera persoa ou institución interesada no tema, que reúne a 200 recursos sobre o patrimonio lúdico galego, un dos máis ricos da Península Ibérica, asi mesmo, no acto deuse a coñecer a imaxe corporativa (logo) da entidade.

A base de datos, localizable en www.xogotradiconais.gal e www.xogospopulares.gal, responde a unha necesidade detectada cada vez dunha maneira máis evidente, pois as consultas que reciben as entidades que en Galicia dedícanse á investigación e á divulgación do xogo e o deporte tradicional son, ano a ano, máis numerosas, desde o nome dunha empresa ou entidade que poida organizar unha sesión de divulgación, ata un fabricante ou distribuidor de xoguetes, pasando, naturalmente, por documentación para realizar un traballo de investigación ou para coñecer como se pon en marcha determinado xogo.

Logotipo Patrimonio Lúdico Galego

 

Para dar resposta a esta necesidade, un grupo de entidades que viñan mantendo unha colaboración estreita decidiron crear a páxina, de acceso libre. Estas entidades pioneiras son ETNOGA (empresa dedicada á xestión do patrimonio cultural) de Santiago de Compostela, o MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) de Ponteceso, XOTRAMU (Festivais de Xogos Tradicionais) de Muimenta, TEMPO DE XOGAR (dedicada á investigación e á confección de xoguetes artesanais) con sede en Lourenzá e Tuy, BRINQUEDIA (Rede Galega do Xogo Tradicional) e a AGXPT (Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional) de Melide, ademais de persoas e investigadores particulares.

Na base de datos poden atoparse os contactos de colectivos, empresas, clubs, centros educativos, museos, investigadores/as recoñecidos, artesáns,… pero tamén fondos documentais e bibliográficos, recursos musicais ou recursos en liña. A presentación da guía de recursos, nesta ocasión correu a cargo de Zeltia Labraña da AGXPT (Asociación Galllega do Xogo Popular e Tradicional) que sinalaba: “ Que este novo portal recolle, entre outra información, datos sobre os lugares nos que se poden adquirir o equipamento para practicar estes xogos, que artesáns os confeccionan, ademais de dispoñer dun servizo de préstamo bibliográfico e documental e a recuperación e posta en valor dos xogos e deportes tradicionais galegos.”

O noso desexo máis fervente é que esta iniciativa, que hoxe ve a luz, teña o interese de moitas persoas que senten a necesidade de apreciar e valorar o noso Patrimonio Lúdico e Inmaterial de Galicia. Creo que vale a pena en coñecernos e desexamos non defraudarlles, pois sabendo quen somos, todos unidos,  gañaremos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.