O Presidente e Director de nosa Fundación e do Melga viaxa a Svetvincenat (Croacia)

Esta fin de semana, do 19 ao 24 do presente mes de ocubre-21, Ricardo Pérez e Verdes presidente da Fundación e director do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) desprazouse á cidade de Svetvincenat, na península de Istria (Croacia), para asistir á XX Asemblea Xeral e Extraordinaria Europea de Xogos e Deportes Tradicionais. Á devandita cita internacional foi acompañado pola vicepresidenta do Padroado da Fundación a xornalista e dramaturga Lola Roel.

Todo o encontro desenvolveuse na sala central do espectacular castelo medieval do século XIII Morosini Grimani. Asistiron 42 delegacións das 83 asociadas, cun número total de participantes de 125 persoas dos países seguintes: Italia, Bretaña, Romanía, Hungría, Croacia, Turquía, Francia, Bélxica, Chequia, Tunes, Polonia, Bosnia, Suíza, Chipre, Serbia, Grecia, Rusia, Portugal, Grecia e España. Moitas das asociacións non presentes, seguiron ditas xornadas de forma telemática a través on- line. A delegación de Galicia (España) estivo representada por dúas entidades: por unha banda polo presidente-director da Fundación Ricardo Pérez e Verdes/ MELGA (Ponteceso) e pola vicepresidenta do Padroado Lola Roel e polo outro a Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional ( AGXPT) de Melide/A Coruña cuxo representante era José Manuel ( Charrancas) Martínez.

A inauguración do acontecemento internacional, estiveron presentes a representante do Ministerio de Cultura e Turismo da UNESCO, o Director Xeral de Deportes, o Alcalde de Svetvincenat, o presidente-organizador do evento e o Presidente da Asociación Europea ( AEJeST), que deron a benvida a tolos os participantes.

A continuación, todos os alí presentes moi emocionados, aos acordes dunha marcha fúnebre, gardáronse 3 minutos de silencio polos catro amigos da Asociación que perderon a vida nestes anos de 2020-21, por mor da pandemia do COVID-19: Jean Fulcrand ( Montpellier/Francia), Bernard Glacial ( Anger/Francia), Erwan Evenou (Alxeria/Francia) e Norberto Gonçalves (Garda/Portugal). Lembramos con moito pracer ao noso querido amigo Norberto e a súa familia, que visitou o MELGA de Ponteceso no verán de 2019. Botarémosvos de menos!

Para tal ocasión o encontro desenvolveuse en cinco bloques: Congreso Internacional e presentación do denominado “Proxecto Oportunidade+Erasmus”; Festival sobre a “Aplicación dos xogos e deportes tradicionais para promover a inclusión social; Symposium sobre “O papel dos xogos e deportes tradicionais no desenvolvemento das comunidades locais no contexto do Turismo sostible”; V Campionato Nacional de Pljocke e a XX Asemblea Xeral e Extraordinaria da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais.

En canto ao Congreso Internacional e o Proxecto Opportunity + Erasmus, presentouse o proxecto con varias reunións cos seus socios de Polonia, Italia, Francia, Croacia e España. Despois das sesións teóricas desenvolvéronse varios talleres para nenos/ as así como prácticas de xogos e deportes tradicionais masculinos, femininos e mixtos na praza Maior do pobo e en varios centros escolares da zona. Sobre o segundo punto, referente á aplicación dos xogos tradicionais e a súa inclusión social, estivemos acompañados por varias asociacións de persoas con discapacidade (adultos, novos e persoas maiores), cunha demostración adaptada do xogo nacional de Croacia o Pljocke e o xogo do Palet para cegos da asociación de Istria (Croacia). Antes de iniciar a cuarta sección, no salón de actos do castelo presentouse o libro “Colección de papeis 2019-20”, sobre todo o publicado e realizado polos membros do colectivo. Seguidamente deu comezo ao Symposium con dez conferencias científicas internacional por expertos europeos, cuxo tema fundamental foi o papel relevante que teñen os xogos tradicionais no contexto turístico. Como curiosidade deste apartado, Julián Miranda da Universidade de Lérida, puxo como exemplo de turismo sostible na súa conferencia, ao noso MELGA de Ponteceso (visitounos en xullo de 2021), comparándonos a parques temáticos e festivais de renome mundial como Disneyland París, Thorpe Park, TOCATÍ, Portaventura, Gardaland, etc., por descontado, gardando as distancias abismais entre as devanditas institucións con funcións diferentes e nunha escala minoritaria como a nosa.

O V Campionato Nacional de Pljocke, desenvolto no campo exterior de castelo, estiveron os 20 mellores club croatas, dirimindo un ano mais, o cordón de vencedor absoluto. Como cabía esperar, o torneo tivo un cariz competitivo de gran nivel.

E como xornada final, levou a cabo primeiramente, a Asemblea Ordinaria da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais e en segundo lugar a Asemblea Extraordinaria. A asemblea ordinaria estivo dedicada ao informe do presidente, de recursos sociais, relacións internacionais, recursos lingüísticos, proxectos internacionais, recursos de comunicación, recursos tecnolóxicos e estado de recursos económicos, onde cada presidente de comisión informou do seu traballo durante este ano de 2021. Todas os informes obtiveron unanimidade.

Como destacable podemos informar de tres actuacións: a aprobación das próximas Asembleas Europeas, que recaeron nas cidades e anos seguintes: será no 2022 en Verona (Italia), o ano 2023 en Pontivy (Bretaña-Francia), o ano 2024 en Santander (España) e no ano 2025 en Reus (España). En canto á Reunión de Inverno do Consello de Administración da Asociación Europea do ano 2022, levará a cabo na Almunia de dona Godina/Zaragoza (España).

Sobre os Recoñecementos das Boas Prácticas este ano recaeron as distincións no premio individual a Guido Van Alsenoy ( VlaS-Bélxica), o premio colectivo para Iparraldeko Joko eta Herri Kirol Federakuntza de Pais Vasco-Francés e o Membro de Honra foi para Erik de Vroede ( Sportimonium-Bélxica). Debido ao tema pandémico do ano 2020, fíxose entrega dos premios presencialmente a Pierino Daudy ( FENT), Coordinadora Intercomarcal de Bitlles e Pierre Parlebas ( CEMEA) nas súas tres categorías respectivamente.

Todos os membros da asociación, tivemos en primicia o coñecer o vídeo titulado “O birlo vaqueiro” de Asturias, dándolle unha visión das súas xentes, a súa gastronomía, as súas paisaxes, o seu xogo, etc. como Patrimonio lúdico-cultural e Inmaterial do noso país. Foi patrocinado este documental pola AEJeST, da Asociación de Birlo Vaqueiro e polo concello de Cangas del Narcea e dirixido por Fernando Mestre e o seu equipo de traballo.

Sobre as altas e baixas de novos membros asociados temos os seguintes: a Asociación de Pais de Diminuídos psíquicos A Paz ( ADISPAZ) Zaragoza; Federación Cántabra de Deportes para Discapacitados intelectuais ( FCDDI) Santander; Traditional Wrestling Federation of Nort Macedonia ( FPBM/ TWFNM) Grecia; Clube de Actividades de Lazer e Manutençao (CALMA) Portugal; Federación de Salto Pastor Canarias; Federación de Loita Canaria e Federación de Vela Latina canaria e Botes. En total 7 asociacións ou federacións.

Novos membros individuais temos a: Alfonso García (Valladolid/España); Enrico Ferretti ( Lucano-Suíza);Rafael Anxo Lucholo (Canarias/España); Zinaida Kutnesova ( Tatarstan/Rusia), Mário Duarte Maia ( Beira-Portugal); Joseba González Vascongadas/España), Felipe Gonzalo (Aragón/España); José Ignacio Alonso (Murcia/España) e Auréle *Épron (Bretaña-Francia). En total 9 incoporaciones.

En relación ás baixas temos a mala noticia que BRINQUEDIA ( Rede Galega do Xogo Tradicional) do noso país, deixa de ser membro da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais. Outras 8 asociacións en total de Francia, Portugal, Polonia e España tamén deixaron de ser membros da Asociación.

Sobre a Asemblea Extraordinaria baseou exclusivamente nas Eleccións ao Consello de Administración para o período de 2021 ao 2025. Realizada a votación por todos os membros con dereito a exercer o voto e realizado o correspondente escrutinio, a candidatura de Pere Lavega,(actual presidente), saíu de novo reelixido, para levar a batuta destes catro anos de lexislatura, así como a súa xunta directiva.

Nesta ocasión a Mesa Electoral estivo composta polos membros seguintes: vogal José Ignacio Alonso Roque da Universidade de Murcia (España), vogal Alain Nicolás da Federation Française de Jeu de Boules Parisien (París-Francia), secretaria Júlia Teleki da Traditional Hungariam Martial Arts Association ( BARANTA-Hungría) como persoa mais nova e como presidente da mesa, como persoa de maior idade, tivo a honra de presidila o noso presidente-director Ricardo Pérez e Verdes (Fundación- MELGA) Ponteceso-A Coruña (España)

As nosas entidades pontecesás, tiveron un pequeno protagonismo, seguramente inmerecido, nesta última Asemblea Europea de Xogos e Deportes Tradicionais no seu XX aniversario desde a súa creación no ano 2001 en Lesvelen (Francia).

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.