O vindeiro domingo día 17 de setembro V Aberto de Billa de Ponteceso

O vindeiro domingo día 17 de setiembre de 2017, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) e a Confederencia Noroeste de la Liga Nacional de Billarda, organizan na súa quinta edición o “Aberto de Billa Ponteceso” nos campos de xogo do Centro Cultural de Ponteceso, abrindo as primeiras tiradas ás 11,30 h. da mañá. Como nos últimos anos, temos previstos que se concentrarán no recinto da competición, os grandes campións locais, rexionais e galegos, tanto na súa rama masculina como feminina.

Esperamos que aqueles que non desexen participar nas probas, acompáñennos como espectadores, pois seguramente gozarán dunha gran mañá de domingo, vendo como as billas ou billardas saen golpeadas polos paláns a moitos metros de distancia. Os trofeos xa están preparados para ser entregados aos vencedores desta nova convocatoria.

O único requisito indispensable é portar un palán e unha billa, se non se ten, a organización dispoñerá de material para todos, inscribirse gratuitamente e moitas ganas de “zouparlle” un gran golpe con precisión á billa.

Lembrámosvos que a cita é:  domingo día 17 de setembro, ás 11,30 h. no campo de xogo do Melga (Centro Cultural) de Ponteceso. Ah! Non se esquezan que se o tempo non nos acompaña, o Aberto non se suspenderá, xa que o concello de Ponteceso cédenos as instalacións do Polideportivo Municipal para desenvolver o devandito evento, baixo cuberto. Benvidos a todos

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.