A Universidade de Santiago de Compostela visítanos de novo

Os alumnos/as de cuarto curso (ou poucos meses de graduarse) da Facultade de Ciencias dá Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), como ten establecido dentro da súa programación anual de actividades culturais, lúdicas, deportivas, etc., visitou esta mañá do venres 07 do presente mes, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Nesta ocasión, a xornada lúdica foi en sesión matutina (10,30 a 14,00 h.). Os alumnos/as, nun número aproximado de medio centenar, eran parte da materia de “Deseño e elaboración de materiais didácticos”, do Grao de Mestre.

Ao mando da expedición, como sempre, estivo o profesor da materia de Experiencias e Recursos en Educación Social, , ademais de ser o director da Revista Galega de Educación e presidente da Asociación Internacional de Investigación sobre Libros de Texto e Medios Educativos (IARTEM), Jesús (Suso) Rodriguez Rodríguez. Todos os estudantes universitarios  estiveron atentos ao que alí transmitíase e explicaba, pero o máis importante neste caso, eran o apartado correspondente aos “enredos, brinquedos, estudíos  e ixolas”, da primeira sala de xogos e deportes tradicionais, pois a materia, así o requiría. Informouse dos deseños, confección dos xoguetes e a súa metodoloxía, realizando unha práxica dos mesmos, tema específico da currícula universitaria.  Resultoulles, segundo os seus comentarios sobre o visto e observado, un abanico importante do coñecemento da creación ou invención dos xogos e deportes a través da historia, como ampliación aos seus talleres didácticos.

Un apoio museístico, imprescindible, para a instrución pedagóxica dos nosos futuros docentes.  Despois da visita guiada os alumnos/as universitarios, trasladáronse a Balarés, donde almorzaron, e a continuación seguiron “pateando” os recunchos de Ponteceso, como o Monte Branco,  a casa de Eduardo Pondal e a ruta Pondaliana, como homenaxe do centenario da morte do bardo universal.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.