Cadro de Honra: Experto, dinamizador e apaixonado dos xogos tradicionáis

“ INCANSABLE. Fai cinco anos abriu as súas portas en Ponteceso o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), único no mundo pola súa temática histórica e universal. Poucos crían no proxecto, pero o seu mentor e impulsor, Ricardo Pérez e Verdes, experto e apaixonado dos xogos e deportes tradicionais, ademais de home paciente e incansable, sempre tivo claro que a inmensa colección de xogos e pezas de todo o mundo que el posuía, aderezada cun ambicioso proxecto museístico e divulgador ía achegar valor engadido á vila que o acollese. Foi o Concello de Ponteceso quen lle brindou as instalacións do Centro Cultural e hoxe, cinco anos despois, o tempo deulle a razón. En 2018 o museo recibiu máis de 9.000 visitantes procedentes de nove países, e nos cinco anos de vida, os rexistros non deixaron de crecer. Merece algo máis que un aplauso”

Esta recensión textual, arriba mencionada, corresponde ao xornal coruñés de “El Correo Galego” de Santiago de Compostela, na súa sección CADRO DE HONRA, do venres día 11 de xaneiro de 2019, a cal por terceira vez concédesenos a honra de subir todo o máis alto do caixón do pódium (9/10/2014 e 26/04/2016), nos cinco anos da nosa existencia, deste ilustre e destacado xornal galego.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.