Exposición ao aire libre sobre Xogos e Deportes Tradicionáis en murales de azulexo

En nome do Presidente da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e director do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), do alcalde do Concello de Ponteceso e do presidente da Obra Social e Cultural de Subministros LAR-Cee, comprácense en convidarlles ao acto de Inauguración da Exposición ao aire libre de “Os xogos e deportes tradicionais en murais de azulexo”,a celebrarse o vindeiro sábado día 17 do presente mes de xullo ás 12,00 h. no campo exterior de xogos do Centro Cultural de Ponteceso.

Anticipamos o noso agradecemento por honrarnos coa súa presenza, coa seguridade de que a súa asistencia dará realce ao devandito acto.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.