Exposición Temporal ” O mundo vira e xira” e “Un xogo milenario nas Belas Artes”

En nome do presidente da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e director do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), convidámoslle á inauguración da Exposición Temporal ” O mundo vira e xira” e “Un xogo milenario nas Belas Artes”, o vindeiro sábado, día 11 de novembro, a partir das 11.00 horas, así mesmo, para que asista, se lle é posible, aos diferentes concursos populares que imos desenvolver deste xogo e á lectura do Manifesto 2017, con motivo da celebración do Día do Peón e o San Martíño, que se conmemora todos os anos por esta data.
Dita exposición poderase visitar do 11 ao 30 de novembro, en horario de apertura do Museo (De 10 a 14 h e de 17 a 20 h. Luns pechado), no Centro Cultural do concello de Ponteceso.

Leave A Comment