Final de curso con visitas guiadas de 2 escolas e párvulos de Negreira

Hoxe mércores 22 de xuño, dáse por finalizado o curso escolar e con iso as visitas guiadas para todos os colexios de Galicia deste curso 2015-16.

E como final ás mesmas, estivemos acompañados, non por un só grupo senón por dous, da zona do municipio de Negreira (A Coruña). O primeiro deles, organizados polo profesor Alonso, correspondía á Escola Unitaria de Párvulos de Lañas Baña CGA de Santa Baia e o segundo, acompañados pola profesora Sandra, da Escola Unitaria de Párvulos de Aro de Negreira.

Case un centenar de persoas, cos nenos/nenas do ciclo, así como algúns irmáns/as, pais e nais e moitos avós e avoas, realizouse unha gran convivencia interxeracional que foi un éxito total e unha experiencia única. Toda a sesión teórico-práctica desenvolveuse, de diferente forma que noutras ocasións, é dicir, pois todos os xogos realizados preparáronse para o seu desenvolvemento, en unión conxunta e cooperación entre os nenos/as cos seus proxenitores e maiores.

Foi un broche final excepcional da recentemente finiquitada tempada cultural, lúdica e festiva de visitas ao MELGA

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.