Final de tempada de visitas ó Melga de Campamentos Urbans

Coa Escola Infantil A Ledicia de Carballo, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), dá por finalizada o ciclo estival do presente ano 2016, de visitas guiadas para campamentos urbanos da provincia da Coruña. O grupo compoñíano unha corentena de nenos e nenas de idades comprendidas entre os 4 anos e os 8 anos, acompañados todos eles, das súas educadoras Iria e Rosa.

Dúas horas e media de entretementos e xogos tradicionais que fixeron gozar a todos os “peques” nunha sesión diferente ás establecidas na planificación campamental. Como sempre para os máis avezados concursantes foron obsequiados ao final da sesión, con senllos agasallos polo seu entusiasmo e bo facer. O neno Xoel, de oito anos, bateu o record de “castelos de pinzas de Lavandeira” cunha edificación estable de 22 pisos. A excursión prolongouse, despois da visita ao museo, á Casa de Eduardo Pondal, a praia de Balarés e o Monte Branco.

Un final de festa inesquecible para todos eles. Ata a próxima tempada!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.