A Asociación Talur Elkartea de Vitoria-Gasteiz (Álava) celebra o seu serán de sábado visitando e xogando no Melga de Ponteceso

A Asociación Talur Elkartea de Vitoria- Gasteiz de Áraba, leva varios días de asueto vacacional polas terras da Costa da Morte e en concreto tres día no noso territorio pondaliano. TALUR é unha asociación sen ánimo de lucro, creada por un equipo de profesionais multidisciplinar, para axudar ás persoas con diversidade funcional.

Esta mañá de sábado, os 12 compoñentes do grupo, cos seus monitores e coordinador Eneko, estiveron a pasear as callejuelas de Corme-Porto, pisando os areais da praia da Ermida e do Osmo e case na súa totalidade, atrevéronse a probar as súas augas tan inmensamente refrescantes. Pola tarde, cita obrigada na súa programación, desprazáronse a Ponteceso para coñecer o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) e realizar unha visita lúdica ao mesmo.

Os visitantes despois de máis de dúas horas de visita e practicando a maioría dos xogos e deportes tradicionais galegos, todos desexaron transmitirnos a tarde tan divertida que pasaran no museo, expresando o seu recoñecemento no libro de visitas do mesmo con estas palabras:

“ Bonito día o que vivimos hoxe en Ponteceso. Fomos a comer e ás 17,00 h puntual chegamos ao Museo Etnolúdico de Galicia. Aí puidemos gozar de xoguetes con máis de 50 anos de antigüidade. Unha verdadeira pasada poder xogar cos mesmos xoguetes que utilizaban os nosos aitites e amamas”.”Interesante e divertido”. Paseimo moi ben xogando”.”Pasámolo moi ben, moi recomendable”.”Un bico enorme dende TALUR. Graciñas por deixarnos gozar da vosa cultura e vosa terra”·.

Unha xornada especial no MELGA, con xentes marabillosas, que se entregaron plenamente a deleitarse nos nosos xogos e deportes populares e tradicionais, comparándoos con algúns da súa terra vasca.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.