A equitación de Erboeda (A Laracha) únese ás visitas estivais ao Melga

O campamento de verán “Actividades Lúdico-Deportivas de Bergantiños S. L.U.” de Erboredo (A Laracha), o xoves pasado día 12 de xullo, desprazouse cunha trintena de alumnos e alumnas da escola de equitación da devandita localidade a Ponteceso para realizar unha visita guiada ao MELGA. Os campistas viñan acompañados por tres das súas monitoras Miriam Sánchez , Paula Fabeiro e Begoña García que exerceu de coordinadora da actividade.

Durante toda a sesión realizada, todos os “futuros xinetes”, exercitáronse na práctica de xogos e deportes tradicionais, así como oíntes escoitaron as explicacións que se lle daban das pezas que o museo posúe, no longo percorrido polas dúas salas do mesmo. Unha velada diferente para unha actividade diferente, xa que con ela, iso é o que pretendemos, romper o ritmo das sesións do seu deporte como é a equitación. Aproveitando a vinda deste deporte, o guía do centro, explicoulles a evolución da equitación a través dos tempos, así como a aparición do cabalo, primeiros adestramentos, os seus métodos, xogos con cabalos, etc. Historia, cultura e entretemento en definitivo.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.