A Semana Europea da Movilidade (SEM) impulsa exitosamente Carballo con xogos e deportes tradicionáis galegos

O día de onte martes 18 de setembre do presente ano 2018, en sesión vespertina de 17,30 h. á 20,30 h. , os nenas e nenos así como persoas adultas e persoas maiores carballeses, tomaron masivamente a praza do concello de Carballo de Bergantiños (A Coruña), como punto neurálxico do municipio, para desenvolver dentro da súa variada programación, unha sesión práctica cun Festival de Xogos e Deportes Tradicionais Galegos, con ocasión de celebrarse a Semana Europea da Mobilidade (SEM), baixo o amparo da concellería de Planificación e Mobilidade da edila Milagres Lastres.

Cun total de 24 xogos e deportes tradicionais galegos motrices e de taboleiro, destacaron os seguintes como predilectos dos asistentes. Nos exterior, os multiesquies, o pau, a ra, a recollida das mazarocas, os aros, os zancos, os birlos, o sapo, etc e nos de taboleiro foron as estrelas, o muíño ou tres en raia, o alquerque, as damas, dominó de pau, etc. e tampouco deixaron de practicar os de habilidades como a buxaina, o trompo, o embocabolas, as torres con vasos, castelos de pinzas e de mazarocas, as tabas, o leito,… A praza durante toda a tarde non deixaron de pasar persoas continua e masivamente pola totalidade dos xogos onde os monitores (Manuela, Miguel, Rita e Laura) especializados na materia, departían cos participantes as regras dos e mesmos e a metodoloxía do ensino dos mesmos. Tivemos visítaa sorpresa, primeiramente a do rexedor do Concello Evencio Ferrero que departiu opinións cos organizadores sobre a temática lúdica presentada neste día, tamén reflectimos que a tenente de alcalde Milagres Landes non só asistiu á sesión como observadora, senón que practicou activamente varios dos xogos presentados, durante algunhas horas, cos seus familiares.

Unha tarde exitosa desta primeira edición, que a organización espera repetir nos próximos anos vindeiros. Un “ cum laude” para todas as persoas que encheron unha vía pública, facendo da mesma un campo de xogo, para goce dos cidadáns, como a pretensión da Semana Europea da Mobilidade ( SEM) e o concello de Carballo, estaba no seu fin primixenio. O lema nesta ocasión era “Combina e móveche” da cal, cremos cumpriuse ao cento por cento. Moitas grazas ao pobo de Carballo pola súa entrega en difundir, rememorar e transmitir a gran escala, o noso Patrimonio cultural, lúdico e inmaterial de Galicia a través dos seus Xogos e Deportes Tradicionais

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.