A terceira xornada de actividade intensa no Melga continúa co Curso de Turismo Natural e Cultural, visita guiada e Recordos Lúdicos

Case chegando ao ecuador da semana do V Aniversario do MELGA e da Fundación, hoxe mércores continuou a sesión matinal de 10,00 h. a 14,00 h. cos relatorios presentados como continuación do día pasado pola directora do curso dona María Antonia López Pérez, versaron sobre o deseño de actividades interpretativas guiadas en lugares de interese patrimonial, finalizando a sesión con supostos prácticos con todo os cursillistas.

Finalizado a xornada teórica, en nome do Concello de Ponteceso, da Fundación e do MELGA, don Ricardo Pérez e Verdes, fixo entrega dunha placa conmemorativa a dona María Antonia López Pérez, en gratitude e colaboración no desenvolvemento deste curso, integrado na semana do V Aniversario. Ademais concedéuselle á empresa Contorna Anfibio dous pines conmemorativos, facéndolles membros de honra do museo.

 

Visita guiada polo Melga

 

Pola tarde de 16,00 h. a 18,00 h. vendo a insistencia da directora do curso e os seus alumnos e alumnas e como complemento ás clases recibidas, solicitóuselle ao director do MELGA que realizase unha visita guiada con todos os cursillistas asistentes, a cal de mediato colleu a luva do reto que lle propoñían. A visita foi curta, aínda que moi intensa, aínda así se percorreron ambas as salas expositivas coa atención, interese e curiosidade dos presentes.

Finalizada a visita guiada a continuación, de 18,00 h. á 20,00 h., incorporouse ao cadro de profesoras dona Isabel Fernández Domínguez, que expuxo no seu primeiro relatorio as Ferramentas de autoevaluación da calidade das actividades e espazos de divulgación natural e cultural desde o punto de vista da interpretación do Patrimonio.

Ao mesmo tempo que se desenvolvía o curso, o director do museo, convocou a varias persoas maiores, veciños de Ponteceso, onde se lles solicitou que explicasen as súas experiencias lúdicas da súa infancia na escola. Iniciouse esta xornada de “Recordos Lúdicos”, que terá continuación o venres e sábado entrantes, para continuar a través destas entrevistas persoais, obter un texto sobre xogos nesta zona e que posteriormente nos sirva de guía e estudo.

Mañá, 27 de setembro, estamos de aniversario, este será o día Grande da Semana do V Aniversario, con diversas e interesantes actividades como: clausúraa do curso de turismo natural e cultural, os xogos e deportes medievais e o contacontos do programa “ler conta moito” con Paxariños de Trinque Trinque.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.