Amplíase o prazo de inscripción para presentarse ao concurso de fotografías dos Xogos e Deportes tradicionáis nos murais de azulexo en Ponteceso

Este último sábado do mes de xullo (31/97/21) finalizaba o prazo de entrega de imaxes sobre Os Xogos e Deportes Tradicionais nos Murais de Azulexo, que o concello de Ponteceso, a Obra Socio-Cultural LAR de Cée, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), convocaran o sábado 17 de xullo coa inauguración da gran Exposición ao aire libre, no campo de xogos do Centro Cultural de Ponteceso.

Reunido de urxencia os membros do xurado do concurso (onte domingo día 01 de agosto de 2021), por unanimidade decidiron prolongar o prazo de entrega de fotografías ata o 15 de setiembre-21, para que todos os afeccionados e profesionais, poidan entregar os seus traballos gráficos e así poder optar aos premios que a organización ten previsto. Este cambio tivo que ver, ata o momento, pola insuficiente participación de candidatos, pola falta de difusión, descoñecemento das bases, etc. Esperamos que con esta amplitude de datas, podamos contar, polo menos, con medio centenar de participantes. Seguro que o conseguimos¡

Diferente á situación anterior, están as votacións que realizan os moitos visitantes ao MELGA, e persoas interesadas na arte cerámica, para o público en xeral, elixir os tres mellores murais de azulexo da exposición ao aire libre, pois informamos que xa habemos excedidos os douscentos (200) votantes e aínda faltando case dous meses para realizar clausúraa da exposición.

Tamén podemos destacar que o MELGA, neste mes de xullo, tivemos unha gran afluencia de visitantes, tanto locais, de Galicia e outras comunidades autonómicas. Podemos considerar que tivemos un mes espléndido, en canto a visitas particulares como guiadas. Cremos que esta afluencia foi debido, pola amplitude de horarios que contamos este verán, tanto por semana e sobre todo as fins de semana (sábados e domingos), grazas á gran xenerosidade, apoio e colaboración do concello de Ponteceso.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.