O Colexio Internacional Eiris complementa as súas actividades trimestráis cunha sesión teórico-práctica no Melga

Mais de medio centenar de alumnos e alumnas do Colexio Internacional Eiris da Coruña de 5º de primaria de educación infantil (10 e 11 anos) e acompañados das súas profesoras/titoras Carmen Cacheiro, Antía Juane e Berta Mateos, visitaron onte en sesión de mañá, o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) sito no concello de Ponteceso. Aínda que esta era a súa segunda vinda ao centro museístico (a anterior fora en 2015), nesta ocasión o motivo do seu regreso foi que durante este trimestre, unha das actividades de estudo na súa programación escolar, os seus contidos correspondían á vida social dos pobos da antigüidade. E que mellor apoio que coñecer as actividades lúdicas, a través dos xogos e deportes dos homes e mulleres destas épocas tan afastadas.

Fíxose fincapé nos pobos mesopotámicos, exipcios, persas, asirios, hititas, hindús, chineses, xaponeses, aztecas, mayas , incas , cretenses, hebreos, fenicios e finalizando cos gregos, etruscos e romanos. Ademais das explicacións correspondentes, todos os alumnos e profesoras realizaron algunhas prácticas dos xogos e deportes máis representativos de cada pobo anteriormente devandito. Unha mañá cuxa disposición era, como máximo permanecer no MELGA sobre unha hora e media, xa que deberían regresar ao colexio ás 13,00 h. para cumprir co horario de comedor do centro docente, a visita prolongouse mais de tres horas, tras previo aviso á dirección do colexio, solicitaron ao mesmo que lles atrasasen e reservasen o xantar para unha hora despois da prevista para todo o centro. Foi tal o interese e participación por parte de todos, que estaban dispostos a sacrificar a parte alimenticia e continuar aprendendo xogando. Outra xornada memorable, onde o entusiasmo e interese foi moi destacable.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.