Despois de dous anos de ausencia o CEIP. Eugenio López de Cee regresa ao Melga

Recibimos na mañá de onte, último día do mes de maio, medio centenar de alumnos de primeiro de ensino infantil (6 e 7 anos) do CEIP. Eugenio López de Cee, que viñeron acompañados polo xefe de Estudos do centro Jorge Abelleira e o profesor/titor Xullo Piñeiro. A totalidade da mañá, case catro horas de visita guiada, dedicárona a escoitar as explicacións emitidas polo guía do museo e sobre todo a “xogar aprendendo”.

 

Despois de dous anos de ausencia ao MELGA, parecer ser que se prepararon a fondo nos xogos que alí se realizaron, xa que bateron varios “ record” en diferentes modalidades lúdicas. A nena Meng Ting igualou a marca de castelos de pinzas de roupa con 25 pisos estables, que se atopaba vixente, desde hai varios anos por unha nena do colexio Milladoiro de Malpica de Bergantiños. O neno Brais García quedou vencedor no xogo do tirafungueiro e estableceu un novo record no billar xaponés, obtendo unha puntuación de 350 puntos. E finalmente como campión absoluto de toda a actividade teórico-práctica foi para Elias Rhambouri de 6 anos, que conseguiu o premio final dunha peonza mejicana, unha imprenta hindú e unha carraca miniatura, para que desa forma, comece desde este momento, a súa futura colección de xoguetes tradicionais.

 

Consideramos que este mes de maio que finalizou, foi un dos mellores do últimos catro anos, pois superamos os quince grupos e os mil cincocentos visitantes. A procedencia dos grupos na súa maioría foron de Santiago de Compostela, Oleiros, A Laracha e A Coruña.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.