Despois de varios anos tentándoo, a Facultade de Formación do profesorado da USC de Lugo, visita por primeira vez o Melga de Ponteceso

Na mañá de hoxe mércores día 08 do presente mes de maio, visitaron por primeira vez, aínda que o tentaban en varias ocasións, preto dunha corentena de alumnos e alumnas de terceiro curso de grao de Educación Primaria, mención en Educación Física, da Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Lugo.

O grupo viña acompañado do seu profesor doutor Rubén Navarro, ex–alumno do director do MELGA, que organizou dentro das súas materias curriculares e actividades extradocentes, tiña como proposta “sine qua nom” o realizar unha visita obrigada ao Museo Etnolúdico de Galicia de Ponteceso. Nesta ocasión, como noutras veces, as trabas burocráticas e institucionais coa Universidade foron arduas e complicadas, pero por fin! a insistencia da man do profesor Rubén, chegaron a feliz termo neste curso lectivo.

 

Facultad de Formación del Profesorado de la Universidad de Lugo

 

Cunha duración de mais de dúas horas, todos os compoñentes da expedición gozaron das explicacións dadas polo guía e non deixaron de probar e concursar nos diferentes xogos tradicionais programados na sesión. O seu interese foi máximo xa que o que alí se trataba era materia fundamental para estudantes, como eles, dentro que dentro dun ano finalizasen os seus estudos de profesores de educación física. Por tanto, podemos comentar que foi unha sesión ampla en coñecementos sobre a nosa materia lúdica, física e deportiva, así como do patrimonio cultural-lúdico e inmaterial da Humanidade. Como dato excepcional podemos sinalar que os alumnos e alumnas deste ciclo,  cumprían co obxectivo de paridade.

Quedaron moitas cousas por expoñer por falta de tempo, pero só desexaban repetir a experiencia de novo e citarse novamente para o ano entrante como experiencia de Final de Carreira. Quedamos emprazados para o 2020 no mesmo lugar e nalgunha data do mes de maio. Contamos convosco! A reserva queda confirmada!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.