A Fundación Ricardo Pérez y Verdes e o Melga no Festival Tocati de Verona (Italia)

Por cuarto ano consecutivo a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA), foi convidada pola organización do Festival  Internacional dei Giochi in Strada (Festival Internacional do Xogo na Rúa) para asistir na cidade de Verona (Italia) na súa XV edición TOCATI, durante os días 14-15-16 e 17 do presente mes de setiembre. Debido ás varias actividades que estaban programadas para estas datas por a Fundación e o MELGA, nesta ocasión o presidente/director das mesmas, delegou as funcións da súa presenza no devandito festival, ao director técnico do museo pontecesán Xabier Pérez Gónzalez, que se desprazou á bela cidade italiana para representar a Galicia con algúns dos xogos e deportes tradicionais mais representativos. Houbo soamente dúas comunidades españolas que se desprazaron, unha foi León (Castela e León) coa loita leonesa e outra foi Ponteceso (Galicia) coa billa, o corno e a carreira de mazarocas. Os países europeos invitados foron dez : Romanía, Grecia, Macedonia, Serbia, Austria, Suíza, Hungria, Eslovenia, Francia e España. Por Italia a Toscana, Puglia, Lazio, Venecia, Trentino, Campania, Lombardia, Vale d´Aosta, Piemonte, Veneto, Umbría, Basilicata, Abruzzo, … así ata 21 rexión.

Os xogos desenvolvidos foron 63 actividades, con máis de 1.000 participantes, sen contar cos conferenciantes, cos comisarios das exposicións, directores de cinema e teatro, profesores de talleres, etc.  Segundo os organizadores e a prensa escrita, as persoas que pasaron polo magno evento veronés superou máis aló das 150.000 persoas, que puideron practicar de primeira man dalgúns dos xogos e deportes tradicionais europeos e italianos cos mellores especialistas do ramo.

Unha cita anual, sen dúbida referencia mundial, para todos os amantes dos entretementos, xogos e deportes tradicionais europeos e que por suposto non deberían perderse e coñecer,  ningunha persoa afeccionada a dicha temática, polo menos unha vez na súa vida. Todas as institucións, empresas, tanto públicas como privadas, envórcanse ano tras ano, para engrandecer a cidade, atraer visitantes, que flúa a economía, probar a súa gastronomía, intercambio de culturas  e abrigo, o coñecer o rico Patrimonio europeo a través do mundo lúdico.

Só temos palabras de agradecemento para o noso gran amigo Paolo Avigo, presidente da Associazione Giochi Antiqui (Asociación do Xogo Antigo), artífice deste extraordinario foro lúdico desde os seus inicios, e que prontamente a UNESCO recoñecerá á cidade de Verona, e ao seu festival TOCATI, como digno promotor para salvagardar o patrimonio cultural inmaterial que inclúe o xogo e o deporte tradicional como socializador universal.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.