Grande afluencia de público nun verano pandémico

Onte día 15 de setiembre deu por finalizada a tempada de verán para o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso. O balance deste período estival foi enormemente favorable en canto a visitas ao mesmo, pois podemos comentar que, desde o día 1 de xuño que comezou a etapa, non deixaron de visitarnos moitísimas persoas para coñecer o noso museo pontecesán.

Hai que comentar que eramos, pola nosa banda, moi escépticos debido ao ano pandémico que tiñamos por perdido polo confinamento, pero estabamos equivocados. Pois o inverno fora frouxo e supoñiamos que así nos ocorría no período estival, craso erro, xa que podemos dicir que os meses de xuño, xullo, agosto e esta primeira quincena de setiembre, foron excepcionais en cando asistencia ao MELGA.

A maioría de visitantes foron de carácter persoal ou privado, xa que este ano coas medidas sanitarias, criamos necesario privar das mesmas a grupos masivos (campus, festivais, etc.), e deixar para as visitas guiadas en agrupacións menos numerosas, aínda que tivemos varias con estas características, sempre coa prevención esixida polas autoridades gobernamentais (máscaras, toma de temperatura, luvas e xel hidroalcohólico).

O 30% foron da nosa comunidade autónoma de Galicia e o 70% foron doutras comunidades españolas. Madrid foi a principal comunidade en visitarnos, seguida de Castela e León, Asturias, Castela-A Mancha, Navarra, Cantabria, Cataluña e Estremadura. Doutros países soamente tivemos familias de Ucraína e Israel. En canto aos turistas de proximidade foron os de Santiago de Compostela os que máis abundaron, seguidos de xentes da Coruña, Carballo, Ferrol e Lugo. O transporte preferido polos visitantes foi en primeiro lugar as autocaravanas e a continuación o automóbil particular. En canto ás visitas guiadas reducidas para grupos tivemos en total 7, das cales a maioría foron grupos do Ponteceso (Fundación Pondal (2) e Concilia-Ponteceso), Vimianzo, Cabana de Bergantiños, Madrid e Vigo.

Reiteramos o noso agradecemento a todas aquelas persoas que día tras día visítannos e moi en especial este verán, lembrado como pandémico, pero tamén lembrado como “o mellor verán do case sete anos da nosa existencia como museo”, xa que preto de 400 persoas pasaron polas nosas instalacións.

Grazas a todos por seguir apoiándonos e transmitindo, no “boca a boca”, que en Ponteceso a cultura turística, museística e lúdica, está presente en todos os seus recunchos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.