O grupo de xoves do campamento urban do Concello de A Laracha repite segunda visita ó Melga en menos de tres días

Mais de 50 mozose mozas con idades comprendidas entre os 12 e 16 anos de idade do concello da Laracha (A Coruña), desprazáronse pola mañá ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) do concello de Ponteceso, por segunda vez en menos de tres días, cos mesmos monitores/as do luns pasado (Adrian, Cristina, Marisol e Sergio) e tamén co técnico de Cultura e Deportes Miguel Barreiro que exercía de xefe de expedición. Devanditos mozos eran compoñentes do campamento urbano de verán da Asociación da Oficina de Información Xuvenil (OMIX), que todos os anos organizan por estas datas o encontro. A sesión durou preto de tres horas onde todos os visitantes, de forma destacable, participaron tanto na sesión teórica como práctica, interesándose en grao máximo de todo o que alí se expoñía sobre a historia dos xogos e deportes tradicionais e recomendaba con xogos específicos para as súas idades. Como a vez anterior os monitores puxeron o seu gran de area retando a varios/as mozas/os nalgún xogo ou deporte desenvolvido, gañando e perdendo nalgúns deles, con verdadeiro “fair play”.

Un grupo moi disciplinado, aínda sabendo que están nunhas idades “delicadas”, pero cabe resaltar que foi magnífico o encontro co seu patrimonio cultural e lúdico galego sobre todo, e que se atoparon, por primeira vez,  a maioría de eles.  Por outra banda os monitores/as expresaron o seu recoñecemento “ viñemos hai tres días e pareceunos que era a primeira vez que fixeramos a visita ao MELGA, pois a mesma orientouse, a un grupo diferente (uns eran infantís e estes foron xuvenís), obtendo e ampliando coñecementos, que non se desenvolveron na sesión anterior.” Varios alumnos tamén trasladaron a súa gratitude ao director do museo con estas palabras “ como me gustou a visita e o que aprendido sobre o xogo e o deporte con Vd.!”  O profesorado e os alumnos/as da Laracha saíron do MELGA coa esperanza de que o próximo ano repetirían a extraordinaria experiencia,. Pero… vindo o día completo (mañá e tarde) para coñecer en profundidade todo o que alí se expón.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.