Hoxe visitáronnos as futuras profesoras de Educación Infantil de Pontevedra

Onte martes día 3 de maio, tivemos a ocasión de recibir por primeira vez a un grupo pontevedrés para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA). Chegaron ao museo 35 alumnos/as e as súas dúas profesoras que viñan acompañando a devanditos discentes Noemí Lago e María Estévez que exercía de coordinadora da actividade.

Os futuros profesores eran de primeiro curso do ciclo de Educación Infantil da Asociación Escola Familiar Agracia (EFA) A Cancela das Neves da provincia de Pontevedra. Curiosamente entre os 37 visitantes, únicamente contabilizábase no grupo un só home.

Despois dunha longa viaxe desde o seu destino, os excursionistas chegaron ao Centro Cultural sobre as 11,30 h. da mañá e a visita guiada tivo unha duración de 3 horas aproximadamente. Como destacable podemos comentar que o máximo interese exposto polos discentes á visita foi extraordinaria, pois non deixaron de facer preguntas constantes ao guía do museo para saber e saber máis do alí exposto. O mesmo constatouse na participación total na parte práctica, dispostos a competir entre eles.

Durante a visita guiada, cando estabamos a realizar os xogos aplicativos na segunda sala, tivemos a grata sorpresa de que nos visitase o alcalde pontecesán Lois G.Carballido, o cal lles deu a benvida e convidoulles a visitar todas as belezas (monumentais, gastronómicas, turísticas) que ten a nosa terra da Costa da Morte.

Como o día era chuvioso, con autorización do rexedor, todos os visitantes gozaron dun xantar campestre nas instalacións municipais, onde se atopa o MELGA.

Todos os asistentes ao museo agradeceron persoalmente ao alcalde e ao guía a súa satisfacción por coñecer un centro museísticos con estas características tan importantes para a súa futura profesión. Segundo comentarios «valera a pena desprazarse ata Ponteceso, aínda sendo un pouco lonxe, para atoparse con esta “marabilla” de museo e de seguro será unha cita anual do centro en visitarnos en diferentes cursos de primero».

Cuatro alumnas del EFA As Cancelas de As Neves (Pontevedra ) juegan al futbolín en el Museo MELGA

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.