III Aberto de Billa de Ponteceso

Na tarde de onte, ás 17,00 h. no campo de xogos do MELGA (Centro Cultural) de Ponteceso tivo lugar a terceira edición do Aberto de de billa dá Barquiña, organizado pola Fundación Ricardo Pérez e Verdes, o Museo Etnolúdico de Galicia, a confederación Noroeste  e a liga  Nacional de Billarda.

Con máis de 40 concursantes en competición e unha calor asfixiante, a organización distribuíu en dous campos de xogo, dous grupos de 10 compontes cada un deles. Xogáronse primeiramente 4 series de lanzamentos cada un dos participantes, clasificándose para a segunda rolda os 4 primeiros de cada grupo, despois os catro primeiros en semifinais e por último 2 xogadores para dilucidar na final o trofeo de vencedor.

Despois de tres horas de xogo os diferentes vencedores foron: Campión Absoluto Xosé Collazo do equipo Campo dá Feira de Paiosaco (varias veces campión galego); Subcampión foi o pontecesán Xesús Andrade do equipo Filloas da Coruña; Terceiro clasificado para Xosé Casal do Campo dá Feira (Paiosaco); cuarto clasificado para Martín Bocixa tamén do Campo dá Feira(Paiosaco); quinto clasificado para Xabier Pérez da Coruña e sexto clasificado para Lois Fontán de Filloas da Coruña. O campión infantil foi para Hugo Cotelo da Trabe-Ponteceso; a campiona feminina foi para Begoña Gándara de Baio e Aurelia Caamaño foi a campiona de veteranos da Laracha. Como todos os anos, a organización establece un premio especial para aqueles xogadores empadroados no concello de Ponteceso, resultando o campión absoluto Manuel Pastoriza de Tella-Ponteceso. E o equipo campión absoluto foise para o Campo dá Feira de Paiosaco.

Como curiosidades debemos destacar, aínda habendo moitas actividades no devandito día pola festa patronal, a afluencia de público foi numerosa, destacando xente maior e moita xente “miúda”. Como final de torneo moitos dos nenos e nenas asistentes á xornada, tiveron a oportunidade de realizar unhas prácticas dirixidas polos expertos xogadores “profesionais”, esperando que pronto teñamos un equipo pontecesán para competir na liga Nacional de Billarda. Hai canteira!  Animo e adiante!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.