Inminente visita ao Melga da Secretaria Xeral para o Deporte Marta Míguez

Onte martes día 19 de setiembre, ás 12,00 h. do mediodía en punto, o presidente e director da Fundación e o MELGA respectivamente, foi recibido no despacho da Secretaría Xeral para o Deporte en Santiago de Compostela, pola súa Secretaria  Xeral Marta Míguez.

A reunión, que xa fora aprazada en varias ocasións, tivo unha duración dunha hora e media, na cal Ricardo Pérez e Verdes, informou detalladamente de asuntos relacionados coas dúas entidades que preside. Primeiramente transmitiuse á Secretaria Xeral, a invitación oficial (e  a todo o corpo técnico),  para que nos visitase nunha xornada especial, o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) en datas moi próximas, pois ata hoxe en día, non puidera estar entre nós para coñecer o recinto museístico, por motivos de axenda. A súa aceptación foi inmediata e inminente.

Outros temas tratados durante a reunión foron as propostas seguintes: a necesidade imperioso de crear unha Federación Galega de Xogos e Deportes Tradicionais, para aglutinar os diferentes deportes galegos,  así como unha Escola de Monitores de Xogos e Deportes Tradicionais, para unificar criterios de ensino e formación sobre dicha temática e que cuxas sedes se situarían no MELGA de Ponteceso. Tamén se incorporaron á sesión de traballo, temas relacionados co protocolos internacionais, convenios, publicidade, publicacións, programas de televisión, presente e futuro do MELGA, actividades realizadas, etc… e como colofón final,  solicitouse o apoio institucional, da Xunta de Galicia e a Secretaría Xeral para o Deporte, para que na próxima Asemblea Xeral Europea de Xogos e Deportes Tradicionais, que se realizará o próximo mes en Palma de Mallorca do 26 ao 30 de outubro,  propóñase  , pola nosa banda, a posibilidade de optar de novo (pois a deste ano 2017 non foi posible ainda que a tiñamos concedida), á candidatura da Asemblea, Congreso e Festival Europeo para o ano 2019, xa que a de 2018 foi  concedida, xa fai dous anos,  á cidade de Bruxelas (Bélxica).

A reunión foi moi cordial, produtiva e beneficiosa, pois cremos sinceramente, que o interese demostrado pola Secretaria Xeral, Marta Míguez,  foi en todo momento moi receptiva a todas as nosas propostas e iniciativas.   Así o esperamos e desexamos

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.