IV Campeonato de tirabalas de Ponteceso

En nome do Presidente da Fundación Ricardo Pérez e Verdes e Director do MELGA, convídalles que nos acompañen o vindeiro xoves día 12 de outubro, festividade da Pilarica,  a partir das 11,00 h. ao  IV CAMPIONATO DE TIRABALAS, que levará a cabo  no campo de xogos exterior do Centro Cultural do concello de Ponteceso.

Todos os participantes deberán achegar o seu tirabalas. Así mesmo se algúns dos interesados non confeccionase ou adquirise o seu  tirador, a organización dispoñerá dun servicio de préstamo. A munición para o campionato será achegada pola organización. A cada participante faráselle entrega de 15 proxectís en cada rolda. O obxectivo será derrubar 5 latas en orde consecutiva tendo en cada unha delas 3 posibilidades de acerto, para pasar ao seguinte obxectivo. Poderán participar todos aqueles concursantes que se atopen entre a pinza dos 5 aos 100 anos. Faranse tres series de lanzamentos (45)  e aquel que consiga máis acertos será o vencedor.

Outro ano máis haberá que tentar bater ao gran campión desta especialidade de lanzamento de precisión, o pontecesán Carlos Andrade, que leva pleno en todas as edicións anteriores.

Desexamos que o encontro sexa masivo, tanto en espectadores como en participantes e esperamos que, este ano 2017, a competición supere con fartura o nivel altísimo desenvolvido das tres anteriores edicións. Posiblemente contemos cun novo campión absoluto, pero…haberá que contar co permiso do campión actual, que seguramente o poñerá moi difícil, para que non se lle poida arrebatar a coroa “olímpica”. Como sempre, se entregarán os trofeos aos tres primeiros clasificados nas categorías nenos/as, xovenes, adultos e maiores, tanto nas ramas masculina e feminina.

A inscrición é gratuíta e poderase recoller o regulamento no MELGA (Centro Cultural). No caso de que o tempo non nos acompañe, a competición non se suspenderá, xa que a mesma, desenvolverase no Polideportivo Municipal, grazas á concesión gratuíta da instalación, por parte do Concello de Ponteceso. Xa sabedes a cita e o día do Pilar, 12 de outubro as 11,00 h. en Ponteceso.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.