O Melga no programa especial San Martiño en “Luar” Con Gayoso e o cantante Raphael

Coa celebración do día de San Martiño, trompos ao camiño, por expresa invitación do seu director José Ramón Gayoso, o director do Melga  Ricardo Pérez e Verdes, foi convidado o programa “LUAR” da televisión galega para conmemorar na noite do venres ao sábado, xa que o día 11 de novembro é o patrón dos “peonceiros”, unha explicación histórica do devandito milenario xoguete, informar do VI Festipopeóns a celebrar ao día seguinte en Ponteceso e expoñer unha variedade de peonzas, trompos ,perinolas e perindolas do mundo, seleccionadas das vitrinas do MELGA, das coleccións privadas de Charo Español, Ángeles Lence e do propio director do museo.  Acompañou ao programa en directo José María Carrillo o campión galego de peonzas do ano anterior, que demostrou a súa habilidade nos lanzamentos diversos realizados.

Como dato anecdótico, o propio presentador Gayoso, aínda que con pouco acerto, verificou algúns lanzamentos, aínda que todos foron errados. Prometeu que de inmediato comezaría os seus adestramentos para o ano entrante.  Nesta ocasión o invitado da gala foi o cantante andaluz RAPHAEL, despois de ofrecernos varias cancións do seu repertorio, tentamos por parte de todos a que tomase unha “buxaina” e que a bailase. Con moita precaución, pois desde neno non o facía, lanzou a mesma ao aire e…casualidade do primerizo bailou! Eureca! Todos os espectadores en pé aplaudiron a rabiar o reto que lle impoñiamos, pasando con éxito a proba. O asombrado cantante comentou en broma: “hai cousas na vida que cando se aprenden ben xamais se esquecen”.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.