Muxía únese ás visitas guiadas do Melga

O CEIP. Virxe da Barca de Muxía (A Coruña), onte xoves en xornada matinal, desprazáronse ao concello de Ponteceso, para realizar, por primeira vez, unha visita guiada ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) con medio centenar de alumnos/ as de primaria e infantil de 3 aos 8 anos de idade.

Todo o grupo viña acompañado dos seis titores/ as Estefanía Trillo, María del Carmen Feixe, Andrés Varela, Josefa Branco, Ana María Gómez e María Igrexas directora do centro que desempeñaba a organización do evento.

Con máis de tres horas de percorrido polas salas do museo, orientados polo seu director Ricardo Pérez e Verdes, tanto alumnos/ as como profesores/ as, gozaron “de xeito abondo” das explicacións do guía así como dos xogos e deportes tradicionais propostos. A práctica dos mesmos deu en todo momento “piques” entre os compoñentes para lograr vencer ao contrario. Ao final do percorrido o campión absoluto foi para un neno de 7 anos chamado Mauro Rey que levou o facho de vencedor. Comentounos a súa titora que era o alumno máis brillante do centro, ademais de ser un futuro matemático en cernes.

Na próxima visita, sinalaron os seus organizadores, que regresarían de novo prontamente para coñecer, xa que era a primeira vez que viñan a Ponteceso, as zonas máis turísticas-culturais pontecesanas, como a casa de Pondal, Monte Branco, Corme e Roncudo e ao final da excursión, xantar na praia de Balarés. Outro municipio que se engade ás nosas instalacións museísticas.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.