O CEIP Milladoiro de Malpica de Bergantiños, actualmente, no numero un en visitas guiadas ao Melga

A sesión de onte luns día 03 de decembro, o CEIP. Milladoiro de Malpica de Bergantiños (A Coruña), cumpriu coa súa quinta cita en regresar ao Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), por tanto ostenta o número uno de centros escolares, asociacións, xeriátricos, etc. pola súa visita anual desde a inauguración do noso museo pontecesano. Achegáronse corenta nenos, en idades comprendidas entre os 3 e os 5 anos, acompañados polas súas profesoras Doura Pailos, María Rivadulla, Vicki Deus (Coidadora) e a súa coordinadora Marta Couto e o profesor Luís Dasairas.

Con dúas horas de visita polas salas expositivas do museo e un pequeno descanso para tomar o tentempé, todos estiveron atentos ás explicacións que lles daba, así como participaron en diferentes xogos tradicionais galegos como doutros países, chegando nalgún momento para rozar algún record en varias das probas seleccionadas, por suposto, axudados polos seus profesores que gozaron tanto ou mais que os propios alumnos/ as.

Finalizado o percorrido guiado, o director do MELGA e aproveitando que aínda non foran retiradas as dúas exposicións sobre o mundo da peonza, acompañounos á sala de conferencias e exposicións do Centro Cultural, facendo unha pequena demostración “danzante” dalgunhas orixinais peonzas, que marabillaron aos máis pequenos e profesores. Agora si, con este grupo, dáse por clausurada definitivamente ditas exposicións ata o ano próximo.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.