O Melga abre as súas portas no Día Nacional de Galicia

O vindeiro sábado día 25 de xullo celébrase na nosa comunidade autónoma o Día Nacional de Galicia ou o Día da Patria Galega, por tal motivo, a dirección do Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) abrirá durante todo o día as súas portas, en horario de 10,00 h. ás 13,00 h e de 16,00 h. ás 19,00 h., para que poidan visitar as instalacións museísticas en conmemoración do día Grande, todas aquelas persoas interesados na temática dos xogos e deportes tradicionais.

Este ano, tamén festividade do Apóstolo Santiago, por motivos da pandemia COVID-19, o MELGA non celebrará ningunha actividade paralela, como se realizou durante estes últimos anos, debido ás posibles complicacións que a masificación ao mesmo, puidesen ocasionarse a todos os visitantes. Lémbrase a todas as persoas que nos visiten, garden a distancia protocolaria esixida, usar o xel hidroalcohólico e por suposto as máscaras. O aforo será como máximo de 20 persoas no recinto en cada ronda.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.