O Melga colabora nunha web de xogos tradicionáis para a corentena

Continúan as propostas desde os distintos ámbitos da sociedade para fomentar e incentivar a poboación a que se manteña nas súas casas. Así xorden novas iniciativas que ofrecen unha serie de actividades de diferente índole para facer mais atractivo o tempo que se pasa dentro das nosas casas.

Unha desas iniciativas é a das asociacións e entidades pertencentes ao movemento galego de recuperación e posta en valor dos xogos e deportes tradicionais galegos, de que forma parte a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso, que veñen crear unha páxina páxina web (http://xogos-tradicionais-corentena.weebly.com) coa finalidade de ofrecer recursos de xogos que se poidan realizar nas nosas casas atendendo a este tempo de confinamento. Dentro da web hai unha lapela específica Xogos para lestes días onde se irán sumando diariamente xogos para todas as persoas.

Baixo o selo Patrimonio Lúdico Galego inclúense diferentes colectivos de toda a comunidade autónoma que busca esa promoción da cultura a través dos xogos tradicionais e que desenvolven durante todo o ano unha serie de actividades con esa finalidade. Ademais, esta web está vinculada a aulasgalegas. org , outra iniciativa educativa orientada a ofrecer recursos e alternativas durante o confinamento.

A idea xurdiu como forma de contribuír a facer mais pasaxeira a situación de alarma, “pero tamén queremos ir un pouco mais alá. Queremos revindicar o tempo de xogo como un valor que non debemos perder, un patrimonio que temos que coidar e que responde moi ben a estas situacións onde se nos pide parar (non consumir, non saír), nun momento no que as novas tecnoloxías non o poden ocupar todo”.

Para levar a cabo moitos destes xogos só precísase creatividade + material de reciclaxe + diversión igual a entretemento educativo á vez que se coida a Cultura Patrimonial Lúdica e Inmaterial do noso país.

A proposta parte das persoas e entidades agrupadas na Rede PATRIMONIO LÜDICO GALLEGO: Antón Cortizas Amado (Ferrol); Apolinar Graña Varela (Navarra); Carmela Sánchez Aríns (Santiago de Compostela); Manuela Vázquez Coto (A Coruña); Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional ( AGXPT) de Melide; Asociación de xogadores de Chave de Santiago de Compostela; Brinquedia Rede Galega do Xogo Tradicional (Ourense); Odaiko Krea SL (Vila de Cruces-Pontevedra); Ou recuncho dás argalladas de Vilanova de Lourenzá (Lugo); Xogos Populares e Tradicionais (Santalla-A Pontenova); Xogos Tradicionais Muimenta ( XOTRAMU); a Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA) de Ponteceso.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.