Exitosa Olimpiada Galega de Xogos e Deportes Tradicionáis en Santiago de Compostela

A Fundación Ricardo Pérez e Verdes e o MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) de Ponteceso, organizou en Santiago de Compostela, coa colaboración da xerencia do Centro Comercial “As Cancelas”, Carrefour e O club de Celia, un magno acontecemento lúdico-recreativo, que levou por título “Olimpíadas Galegas”. Consistiu dita xornada do sábado (cunha duración de case doce (12) horas ininterrompidas de 10,00 h. ata as 22,00 h.), no desenvolvemento e práctica de máis de vinte e cinco (25) xogos e deportes tradicionais galegos e como complemento engadido, levaron a cabo algúns xogos de taboleiro de madeira, doutras países como: Exipto a Ra; Bretaña o Assiette; Holanda o Palet e de Xapón o Billar, nas tres plantas do edificio comercial e no parking exterior do edificio.

A última hora da noite, o departamento de estatística do centro comercial fíxosenos partícipes,á organización do evento, que pasaran polas distintas estacións de xogos e deportes tradicionais, máis de 5.000 persoas ao longo de todo o día, non só nenos/as (obxectivo primordial da sesión), senón pais/nais, avós/as, persoas adultas, novas, etc. de Galicia, pero o sorprendente foi que participaron moitos turistas ou peregrinos dalgunhas comunidades autónomas españolas (cataláns, valencianos, asturianos, leoneses, madrileños,…) e doutros recunchos do mundo (Portugal, China, Xapón, Francia, Italia, etc.)

Como novidade destas “Olimpíadas” acordouse que todos os nenos/as, para poder xogar en calquera das estacións, debería levar un folleto de man e unha vez finalizado o xogo facíaselles entrega dun adhesivo, un Celipunto por parte do monitor, que llo adherían ao mesmo e unha vez que realizasen dez xogos(10 puntos), da vintecinco deles programados, deberían ser cambiados, no punto de información, por uns xoguetes de madeira como premio final. Todos os xogos e deportes tradicionais estiveron dirixidos por profesores e monitores especialistas na temática lúdica, así: Ales, Nano, Laura, Alex, Nacho, Alex, Ricardo, Manuela, Borja, David, Alfonso, Manuel, Xosé, Chisco, Patricia, e todos eles coordinados polo director técnico do MELGA, Xabier Pérez. Hai que destacar e agradecer o labor, entrega e o bo facer de todos eles, xa que sen a súa dedicación e traballo, sería imposible desenvolver dita xornada.

Ao mesmo tempo que se desenvolvían os xogos, na planta baixa do centro, levou a cabo, unha Gran Exposición de carretas, carros e carrilanas galegas, peonzas do mundo, xoguetes de hojalata do século XIX, xogos históricos e diferentes modalidade de birlos de España e Galicia, e que se poderá visitar ata a finalización do mes. Todo este material corresponde aos fondos do patrimonio que ten a Fundación e o MELGA.

O día rematou cunhas exhibicións dos deportes galegos da billa e da chave, no parking exterior do centro comercial e a tarde estivemos sempre acompañados e animados polo grupo folclórico Ximiela de Louro (Muros), que realizaron sucesivos pasacalles por todo o centro, rematando a súa actuación con diferente música con gaitas, pandeiretas ou castañolas, e con bailes e danzas do país. En todo momento estiveron arroupados polos seus fieis seguidores e por moitos espectadores ocasionais, que observaban con detemento a súa destacada actuación.

Un éxito desbordado, polo seu multiculturalidad, familiaridade, globalidad e interxeracional. Era notorio ver en moitas ocasións xogar ao mesmo tempo a “volta de chapas”, “tiro a lata”, “os birlos”, “o sapo”, etc. a persoas de primeira, segunda ou terceira xeración, acompañados, en moitos dos casos, por nenos/as doutras nacionalidades.

Estiveron no acto, durante algúns momentos do día, a Televisión Galega, realizando diferentes entrevistas e un reportaxe aos nenos/as participantes, monitores, persoas adultas, organización, etc. e tamén varios medios de comunicación escrita, cos seus reporteiros gráficos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.