Outro ano máis Pontedeume é o centro do IX Encontro de Bicicletas Clásicas

La Peña Ciclista Leboreira de Pontedeume, celebrou onte domingo día 11, o IX Encontro de Clasicas “ A Ruta do polbo” en bicicletas clásicas. O único requisito era posuír unha bicicleta anterior aos anos cincuenta e ir con roupa de época. Aínda pendentes toda a mañá da climatoloxía, xa que daba choiva intensa, xuntáronse preto dunha cincuentena de afeccionados para desenvolver a xornada ciclista. Antes do inicio da ruta, inaugurouse unha Exposición de bicicletas antigas así como carteis, fotografías e materiais de apoio como bombines, sillines, luces de carburo, freos, timbres, etc.

Sobre as 11,00 h. deuse a saída, desde a Casa da Cultura, para percorrer as rúas principais da vila mariñeira de Pontedeume, Torreón de Andrade, paseo marítimo da praia de Cabanas e chegar ao municipio de Ares, onde se observaron as marabillosos alfombras de flores, típicas deste lugar. Seguidamente dirixímonos cara á fermosa aldea de Redes, onde alí, á beira dos cantís, degustouse a media mañá o polbo, a embazada e o queixo do país, con viños cultivados dalgún dos participantes. De volta ao pobo, regresamos cara a Centroña (Pontedeume) para finalizar a última meta volante, onde aparcáronse as “ biciclásicas”, tomouse un refrixerio e a continuación a degustar unha comida con unha dose potente en calorías, como callos, carne asada, queixo e café de pota, para recuperar as forzas queimadas no percorrido. Nas sobremesas do xantar, a “alma pater” desta Ruta, Daniel Cendán, presidente da Pena, fixo entrega a todos os participantes dun recordo significativo do devandito encontro, supoñemos para que volvamos de novo o ano entrante. Ao final todos quedamos moi contentos, xa que aquilo que se prevía un día chuvioso, resultou que ata facía algo de calor. O percorrido, aínda que un pouco fatigoso por algunhas empinadas costas, púidose realizar aínda que coas metas obrigadas de descanso pero este ano foi sen dúbida mellorou ao do ano anterior. Grazas DANI outro ano máis polo teu entusiasmo e bo facer.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.