Presenza no Melga do programa “Concilia no Verán” do Concello de Ponteceso

A Concellería de Servizos Sociais, dirixida por Isabel Volta González, do Concello de Ponteceso puxo en marcha, nesta ocasión dentro dos campamentos urbanos, o programa “Concilia no verán” con múltiples actividades (culturais, lúdicas e deportivas), excursións e talleres dirixidos para todos os nenos e nenas do municipio en idades comprendidas entre os 4 a 10 anos.

Dentro das xornadas semanais planificadas polo departamento, este último martes día 16 de agosto,  achegáronse ao Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) un grupo numeroso de visitantes, para efectuar unha visita guiada á planta baixa do  Centro Cultural, onde está situado o museo. Como dato curioso debemos sinalar, sorprendentemente!, que a maioría dos alí presentes, era a primeira vez que visitaban o museo ou peor! descoñecían a súa existencia, despois de levar  case tres anos da súa inauguración.

Os compoñentes do mesmo, ao redor de medio centenar de nenos/as e os seus acompañantes, sobre todo nais, aínda que tamén tiveron presenza algúns pais, avoas e avós, eran todos veciños de Corme e de Ponteceso. Un grupo moi heteroxéneo pero moi disciplinado, atento e gran interese a todo o que alí se propoñía polo guía. A visita, entre as explicacións e a práctica durou aproximadamente unhas dúas horas. Ao final da sesión teórico-práctica, o director do centro, fixo entrega dalgúns agasallos ou obsequios aos excursionistas, consistentes en xoguetes e xogos feitos de maneira tradicional.

Desexamos resaltar algúns comentarios sobre a estancia no MELGA do grupo: “Sorprendeume gratamente a visita ou museo dous xoguetes… unha charla interesante para país e fillos” e “Estivo xenial a excursión. Que ben ou pasamos¡¡¡¡

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.