O programa en directo “A revista” da Televisión de Galicia acompaña a un grupo de Malpica de Bergantiños na súa visita guiada ao Melga

Durante a visita guiada de onte mércores día 13 do presente mes de decembro que realizaron medio centenar de docentes de 8 e 9 anos,  do CEIP. Milladoiro de Malpica de Bergantiños ao MELGA, para participar dunha visita guiada ao mesmo, por sorte, outro ano máis tivemos a ocasión de ofrecer a todos os galegos con varias conexións, a retrasmisión dunha visita guiada televisada en directo do programa “A Revista” de TVG. cos devanditos alumnos e alumnas, profesores e guía do centro. A través do seu acompañamento, por medio de entrevistas, deuse unha visión “in situ” a respostas a puntos como: as próximas datas tan especiais dos Reis Meigos e Papa Noel, as súas peticións ou agasallos, predilección dos xoguetes de onte mais artesanais ou os de hoxe máis tecnificados, mellor adquirirlos nun centro comercial ou confeccionalos uno mesmo, cantidade ou calidade, opinións e pareceres sobre MELGA, coñecemento da historia sobre os xogos e deportes galegos, a súa práctica, etc. unha extensa batería de cuestións que non deixaron de ser contestadas por todos os alí presentes. Outra nova experiencia, fusionar unha visita coa participación da televisión, sen dúbida, unha combinación moi sorprendente, motivadora e de gran difusión.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.