Repiten visita guiada a Asociación Esproade de A Laracha (A Coruña)

En menos de quince días, a Asociación ESPROADE da Laracha (A Coruña) repite visita guiada ás instalacións do Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) no centro cultural de Ponteceso. Nesta ocasión o novo grupo compoñíano medio centenar de nenos e nenas do campamento urbano, cos seus profesores Marta, Gonzalo e Maribel, e as súas idades estaban comprendidas entre os 2 anos e os 7 anos. A duración da visita foi de aproximadamente de dúas horas e media cun descanso de media hora para repoñer forzas. Os “ilustres” visitantes escoitaron con atención (francamente destacable esta situación) todas as explicacións dadas polo guía do centro e gozaron enormemente coa práctica dunha trintena de variados xogos e deportes tradicionais galegos e do mundo, obtendo dous nenos, Rubén e Sandra, un novo record na construción de “castelos de carozos de millo e de pinzas de Lavandeira” respectivamente.

Ao final da visita, foron premiados cun loio-loio, unha peonza e unha xogo de quebracabezas, os tres nenos/as que durante a visita obtiveron a máxima puntuación sobre preguntas contestadas correctamente e vencedores nos concursos ou retos de probas prácticas de xogos e deportes expostos.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.