Segunda visita guiada do colexio coruñés Las Jesuitinas

Despois da primeira visita do día de onte luns 6 de xuño de 2º A de o ensino primario do centro escolar coruñés Fillas de Jesús/Jesuitinas, hoxe tocoulle a quenda en visitarnos en xornada matinal a 2º B do mesmo centro. En total foron preto de 30 alumnos e alumnas e o seu profesor-titor Francisco (CHISCO) Cagiao, casualmente fora alumno da universidade coruñesa do noso director do MELGA, que nos doaba varios xoguetes e que cara a mais de tres anos (pandemia incluida), que non regresara ao museo.

Aínda que pensaron emular ao grupo de onte para conseguir algún record nalgúns dos xogos realizados, non foi posible, aínda que por descontado tentárono enérxicamente. Onde puxeron máis interese foi precisamente no xogo dos castelos de pinzas da roupa, que onte mesmo na sesión matinal, despois de varios anos, lograron unha marca importante con 40 pisos estables. O máximo que alcanzaron foi 21 pisos.

A sesión foi moi interesante pola ilusión de realizar xogos para eles descoñecidos, polas diferentes anécdotas explicadas e pola parte práxica dos xogos. O premio da visita, do mesmo xeito que o día pasado, foi para o grupo en conxunto, pois a maioría dos nenos e nenas conseguirían ser merecedores do obsequio. Un grupo disciplinado e moi competitivo.

Como curiosidade da sesión temos que comentar que asistiu á mesma, a nena Alejandra, que viña ser a neta de Gonzalo Rodríguez, mecenas da obra cultural-social de Subministracións LAR de Cée, que vén colaborando intensamente coa nosa Fundación Ricardo Pérez y Verdes e Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) a través da exposición de murais de azulexo, presentados hai algún tempo e que hoxe en día embelecen a nosa entrada ao museo coas súas espectaculares pezas orixinais. Non deixen de velas!

niñas de las jesuitinas jugando al juego tradicional de las pinzas en el museo melga de ponteceso

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.