Semana Santa 2022: Balance moderado de visitas ao MELGA de Ponteceso

Aínda que o noso pensamento e ilusión que tiñamos para este ano 2022 sobre as visitas que poderiamos acadar neste ciclo anual de descanso de Semana Santa era o conseguir un gran número de visitantes (co levantamento das restricións pandémicas), non foi como agardabamos e as nosas perspectivas, aínda que podemos considerar que o noso Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) de Ponteceso, estivo un pouco por baixo do ano 2021 (que foi extraordinario) e moi por baixo do ano 2019 (antes do inicio da pandemia) foi moderadamente satisfactorio.

A baixada de participantes foi aproximadamente dun 10%, logramos unha cantidade que nos achegamos case ao centenar e medio de persoas que visitaron as instalacións museísticas da nosa localidade bergantiñá.

Cremos que as visitas aos museos destas datas, sobre todo na Costa da Morte, foi bastante menor que os anos anteriores, o baixón veu dado na súa maioría, segundo consultas realizados con outras institucións, por aquelas persoas que realmente desexaban gozar con moitas ganas, paixón e afán, das terrazas e praias (xa que o tempo acompañaba) mais que da parte cultural, despois de dous anos tremendamente difíciles polas restricións.

De todos os xeitos cremos que o MELGA foi unha excepción e como comentamos anteriormente, aínda sendo moito menor a afluencia de turísticas na zona, o noso recinto converteuse nun centro de actuación cultural destacable,cuestión que como de costume agradecemos enormemente. Tamén puido ser que a afluencia de público ao MELGA, fóra a nova modalidade de introducir visitas guiadas, con previa cita e lista de espera, os dous días grandes do Xoves e Venres Santo. Cremos que foi outra gran oferta, que quedará establecido para anos vindeiros.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.