Últimas pezas adquiridas pola Fundación Pérez e Verdes para o Melga de Ponteceso

Como vén sendo costume e bo facer durante estes últimos anos de vida, a Fundación Ricardo Pérez e Verdes, non cesa en dotar e adquirir para os seus fondos arquivísticos, dun número de obxectos, con moito esforzo e dentro das súas posibilidades, para engrandecer día a día mais o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA).

Nesta ocasión foron SEIS magníficas pezas dun gran valor na liña do tempo, para o estudo histórico dos entretementos, os xogos e deportes da Humanidade. As reproducións e réplicas arqueolóxicas adquiridas, son un fiel reflexo das achadas polos arqueólogos hai moitos anos durante as súas escavacións. As mesmas foron confeccionadas polo grupo Paleomanías da cidade de Burgos ( Atapuerta), baixo a dirección do arqueólogo Manuel Luque e o seu equipo de traballo de pedagogos, belas artes, antropólogos,informáticos, etc.

As pezas son as seguintes: Dúas bonecas, unha grega e outra romana, dúas bramaderas prehistóricas, un anzol neolítico, un brazal e dous dados romanos.

Sobre a boneca grega articulada, é unha réplica en resina-arxila (cor esbrancuxada) corintia, achada en Tarento. A súa antigüidade estímase en 2.450 anos a. C. Posiblemente representa un Coribante ou danzante das danzas pírricas, que celebraban o culto á deusa Cibeles ou Dionisios. A súa función esencial asociada ao xogo, sería un xoguete de nena, que posiblemente puidese ser ademais vestida con roupaxes. Sobre A Pupa ou boneca articulada romana de Grottarossa (Roma), foi elaborada en marfil escuro, atopouse no interior dun sartego dunha nena de 8 anos. Tamén lla adoita coñecer como a “Bonequiña de Grottarossa”, pode estar datada no século II despois de Cristo. Na actualidade exponse no Palazzo Massimo de Roma.

Bramadera en madeira de aciñeira (cor escura) e cordel de fibra vexetal con alta sonoridad. É un obxecto ou instrumento musical ( aerófono) e de reclamo para a caza, de sección fusiforme, elíptica alongada e peso variable. Nun extremo realízase unha perforación para amarrar o cordel para o seu volteo. Aproximadamente ten unha antigüidade duns 13.000 a. C. A segunda bramadera procede da cova da Roche ( Lalinde) elaborada en hasta de reno, con ilustracións, do Magdaliense Superior (15.000 a. C.). É un instrumento aerófono, reclamo de caza ou xoguete para comunicarse con outros individuos.

Réplica dun anzol neolítico con perfil en U, elaborado a partir de falanxe animal. Preséntase cun fío trenzado simulando un tendón. Aínda que o máis antigo atopásese sobre 23.000 a. C., posiblemente xa na era dos Neandertales (140.000 a. C.) aparecesen estes anzois, pero non desta mesma hechura. Aínda que proceda do Paleolítico Superior, o seu auxe e uso foi no Mesolítico (12.000 a. C.), cando nace unha nova actividade primitiva como é a pesca ou caza marítima ou fluvial.

 

Últimas piezas adquiridas por la Fundación Pérez y Verdes para el Melga de Ponteceso

 

En canto á réplica en resina de brazal de seteiro Calcolítico (26.000 a. C.) é un elemento característico do ámbito funerario desde o Calcolítico ao Broce Pleno. Trátase dunha placa estreita e rectangular con perforacións nos extremos para fixar a corda de amarre, como unha protección do antebrazo no tiro con arco.

Finalmente adquiríronse dous dados romanos ( tessarae), réplica en resina, aínda que tamén se poderían confeccionar en óso (o mais normal), marfil, arxila, metal, mármore e vidro. Co tempo incorporouse o cubilete ( fritilus) de óso, arxila ou madeira. Os primeiros dados poderían situarse hai máis de 3.000 anos pero os aquí adquiridos poderían estar entre o 27 a. C. e o 476 d. C. na súa máxima expansión no Imperio Romano. Polo xeral usábanse soamente dous dados con seis lados, que sempre sumaban sempre 7 puntos as caras opostas. A mellor tirada chamábase a “Tirada de Venus” e consistía en sacar os dous 6 en ambos os dados e a peor sacar un 1 en ambos os dados. Famosos xogadores de dados que asiduamente xogaban foron os emperadores Nerón (adicto ao xogo), Calígula (fama de tramposo), Claudio (realizou un tratado sobre os dados), Cómodo (instalou un casino en palacio para recadar impostos) e o propio Augusto, quen conta perdeu nunha noite 20.000 sextercios (serían uns 30.000 € na actualidade).

A Fundación Ricardo Pérez e Verdes, está moi satisfeita e emocionada, por conseguir estas magníficas pezas de colección, xa que con elas nas nosas vitrinas expositivas, serán un acicate máis para coñecer mellor o mundo lúdico dos nosos antepasados, neste caso sobre os homes primitivos, os gregos e os romanos da antigüidade clásica, os cales é sabido, somos herdeiros de moitos dos xogos e xoguetes que na actualidade perduran, despois de tantos séculos, desde a súa creación.

 

FELICITACIÓNS Á FUNDACIÓN!!!!

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.