Un colexio de Ferrol arriba ao Melga de Ponteceso para visitarnos

 O colexio privado Santa Juana de Lestonnac, máis coñecido como A Compañía de María, do Ferrol, esta mañá de xoves día 21, comezo da primavera e por primeira vez, visitaron o Museo Etnolúdico de Galicia ( MELGA), cunha duración de case tres horas e media.

O grupo compoñíano preto de noventa persoas das cales oitenta eran nenos e nenas de 3º e 4º de primaria (8 e 9 anos de idade) e os restantes acompañantes eran os seus profesores / as- titores Fátima Quián, Ricardo Dopico, Ana Alfaro, Vanesa Fandiño, Elena Fábregas e Eva Rodríguez que exercía a coordinación e organizadora do evento.

 

A Compañía de María do Ferrol no Melga

Foron recibidos polo director do MELGA, que durante toda a mañá contou coa extraordinaria colaboración de todos os asistentes, escoitando, preguntando e practicando varios xogos galegos cun interese máximo. Un grupo excepcional que durante o percorrido polas salas do museo, gozaron amplamente do que alí se lles transmitía e ao mesmo tempo recreándose e competindo nas diferentes actividades programadas.

Tanto alumnos/ as e profesores/ as, comentáronnos que viñan uns pouco escépticos, pero ao final todos estaban encantados de poder gozar como nunca, dunha actividade tan diferentes e nova. Como o día era espléndido o grupo colexial dirixiuse ao Monte Branco, a Balarés e xantaron no piñeiral da Praia. Rematada a sesión gastronómica dirixíronse de novo en autobús cara á cidade departamental ferrolá.

Leave A Comment

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.